AVISO LEGAL

25 xaneiro 2018

Subvención do concello de Oleiros para o obradoiro de xornalismo

O día 28 de decembro de 2017, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores unha subvención por importe de 2027 euros para o desenrolo da actividade extraescolar: "Obradoiro de Xornalismo".

Como cada ano, o alumnado do institutoestá recibindo gratuítamente este obradoiro organizado pola ANPA e realizado pola empresa Mil Comunicación. Xa levan desde novembro organizando artículos, entrevistas, fotografías, etc. para montar a revista coa que coñeceremos, a final de curso, parte do que sucede no instituto: actividades extraescolares, inquedanzas, excursións...Faltan aínda a visita a algunha emisora de radio para ver e coñecer outro medio de comunicación.

Agradecemos ao concello este compromiso e subvención anual e animamos ao alumnado a participar activamente como "entrevistadores" ou "entrevistados". Así todos poderemos gozar da súa visión ersoal do que acontece arredor do instituto.



Saúdos
Xunta directiva


10 xaneiro 2018

FELIZ ANO! e volta á actividade!!

Comezamos este ano 2018 cunha nova proposta do Club de lectura de adultos do Instituto. María (coordinadora da biblioteca) e o equipo encargado de dinamizala, convídannos a asistir á xuntanza arredor do libro "O vello e o mar" de Ernest Hemingway. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro  ás 16,30 horas. 

Resultado de imagen de el viejo y el mar


Nesta ocasión comezarán coa película do mesmo título na versión de Anthony Queen. Sen dúbida xurdirán moitos temas interesantes arredor desta gran obra.





Animádevos a participar!! Acude ao instituto ese día e comparte unha boa tarde!!!!

17 decembro 2017

Enquisa "ESCOLA DE NAIS E PAIS"

Estimadas familias,

Lembrade que temos unha enquisa aberta para poder decidir entre todas e todos os temas que nos gustaría abordar nunha "escola de nais e pais". Por favor, se aínda non o fixeches... entra neste enlace:



Moitas grazas!! Saúdos,

Xunta directiva

Estimadas familias,

Queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas, con tempo para disfrutar e compartir cos vosos. E todo o mellor para o ano 2018!!

Saúdos agarimosos,


Xunta directiva 
ANPA  Miguel Hernández
IES Miraflores


01 decembro 2017

Concurso logo Club Voleibol Oleiros

Envíannos este cartel para que vos animedes a participar no deseño do logo para o Club de Voleibol de Oleiros.

 Veña! Pon en marcha a túa creatividade!!

Son 150 euros de premio que seguro sabes como aproveitar!!!






30 novembro 2017

Deseñando espazos xuvenís en Oleiros!

ATENTOS a esta xuntanza para participar no diseño de novos espazos para mozas e mozos de Oleiros!

Acude, participa, opina...e DESEÑA!!!


27 outubro 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias,

Como cada ano intentamos facilitar unha serie de actividades extraescolares no instituto para os nosos fillos e fillas . Son iniciativas variadas no contido e nas datas de realización e para poder levarse a cabo é preciso un número mínimo de participantes. Este ano temos algunha xa habitual (taller de periodismo para a realización da revista escolar) e outras novas que esperamos sexan do voso interese.

Deixamos o enlace ao cartel con nome e datas propostas, algún tríptico de información e as follas de inscripción.






Saúdos afectuosos,

Xunta directiva