AVISO LEGAL

09 novembro 2011

Lost and found (Obxectos perdidos)

Estimados socios:

Unha "visita guiada" pola conserxaría é tema dabondo para falar sobre o que os nosos fillos "perden" ou habitualmente"lles rouban". Non sempre é así.

Roupa deportiva, sudadeiras, cazadoras, chaveiros (con chaves da casa e das taquillas do instituto), libros, libretas e material escolar de todo tipo, gafas, ¡mochilas completas!... unha cantidade incríble de cousas alí depositadas que o persoal de limpeza, os profesores ou outros nenos atoparon e entregaron na conserxaría.

Si o voso fillo ou filla chega a casa decindo que lle roubaron os libros, perdeu a mochila ou desmaterializouse a chaqueta... preguntade primero ós conserxes. Non é raro que esté alí o que falta.

Por certo, a final de curso toda a roupa non reclamada tírase ó contenedor. O instituto non pode almacenar tanto material perdido e atopado. ¡Sorte!

07 novembro 2011

Asemblea anual de socios

Estimados socios, o próximo martes, 8 de novembro, estades convocados á Asemblea que inicia e presenta o curso 2011-2012. Será ás 19 h. en primeira e ás 19:30 h. en segunda convocatoria. Tendes máis información na web http://www.apamiraflores.es

Saúdos da directiva