AVISO LEGAL

06 abril 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS


 
Estimadas familias,

Presentámosvos a 2ª EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS sobre o meu instituto que organiza a ANPA Miguel Hernández en colaboración coa biblioteca do centro. Nesta edición o relato deberá comezar coa frase:

A dónde van a parar los calcetines perdidos?
                                        ou

A onde van parar os calcetíns perdidos?
 
Extensión  máxima: 100 palabras. En castelán ou en galego

O texto debe comezar coa frase que hai debaixo d
a fotografía: A onde van parar os calcetíns perdidos?


Un microrrelato por persoa.

Os microrrelatos serán anónimos asinados cun pseudónimo e a categoría á que se presenta.  Achegarase co microrrelato  un sobre pechado  onde figurará o pseudónimo , a categoria, o  nome, apelidos, curso (en caso do alumnado) e teléfono. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
Entregaranse ao profesorado de lingua  correspondente, en caso do alumnado, e en conserxaría o resto.

Hai tres categorías: ESO, BACH e resto da comunidade educativa, é dicir nais, pais, profesorado e resto do persoal do centro.

Premios:
H
ai dous premios por cada categoría.
1º posto: vale por 75 €
2º posto: vale por 50 €
A cambiar nas librarías aínda por determinar.

O Xurado estará formado por nais da ANPA e p
or
profesorado responsable da biblioteca.

Os resultados publicar
anse no blog da ANPA e nos taboleiros do centro
Aproveitamos a ocasión para informarvos de que nunha esquinita de conserxaría, ao abeiro da calefacción e a fotocopiadora, encontraredes un baúl de tapas vermellas repleto de todas aquelas cousas que os nosos fillos e fillas perden, esquecen, ou pensan que se desintegraron: mochilas, chaquetas, gorras, material escolar, luvas, lentes, e como non, "CALCETÍNS. "
Cada mes de xullo o contido do baúl dóase a algunha ONG, quedando así listo e preparado para o próximo curso...
Recordámosvos que é un concurso aberto a toda a comunidade educativa. Así que,

¡OS ESPERAMOS!                                                      ¡ÁNIMO!
Un saúdo afectuoso,
XUNTA DIRECTIVA