AVISO LEGAL

28 novembro 2016

AXUDAS para asistencia a COMEDORES escolares

Estimadas familias,


O día 23 de novembro de 2016 saiu publicada no BOP nº 222 a convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares deste curso.O prazo para acollerse a estas axudas remata o vindeiro 16 de decembro.

Poden consultar as bases no seguinte enlace. Para cubrir a solicitude podedes descargar aquí o pdf.

Saúdos afectuosos,

Xunta directiva


PRAEMO (Programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros)


Estimadas familias,

Queremos informarvos de que vai comezar a inscrición no programa municipal contra o fracaso escolar, PRAEMO. Adxuntamos a información do Concello e os enlaces:

Oleiros, 21 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros volve poñer en marcha o programa de reforzo escolar dirixido ao alumnado dos centros de ensino público de Oleiros de primaria e secundaria. O obxectivo principal desta acción é previr o fracaso escolar entre os escolares e garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado
As inscricións poderán facerse, entre o 30 de novembro e o 15 de decembro, presencialmente na Concellería de Ensino e Xuventude (centro cultural A Fábrica) ou nos centros escolares. A adxudicación de prazas será por estrita orde de rexistro. Crearase unha listaxe de garda, para os que se inscriban sen praza, á espera de formar grupos novos. As clases desenvolveranse na Casa da cultura de Perillo, na Casa do pobo de Nós, no Centro social de Rialta e no Centro cívico de Santa Cruz.

MÁIS INFORMACIÓN

Saúdos,

Xunta directiva