AVISO LEGAL

12 xuño 2013

A MAREA VERDE

Adxuntamos correo recibido da Federación de ANPAS de A Coruña relativo ás actuacións da Plataforma:
 
"Bos días, adxuntamos Plan de mobilizacións de Xuño
 - Carta a remitir como persona individual ao presidente do Goberno de España que se transmíte a través do formulario( enlace) da web do Pazo da Moncloa. (premer aquí para Carta Modelo)
- Carta a remitir ao presidente da Xunta. Enviar ao enderezo de correo-e: secretaria.presidente@xunta.es (premer aquí para Carta Modelo)
- Recordatorio: manifestacións o vindeiro domingo día 16, dentro das convocatorias da Confederacións Europea de Sindicatos, na que participaremos como "Marea Verde". Esta mobilización dáse en todo o Estado.
 Finalmente, quero reiterar que, como todos sabemos, a escola pública é vital para garantir o dereito á educación de toda a cidadanía, polo que estamos a chamar a quen aínda non estean nelo, a defendela ca mesma decisión e implicación que vimos facendo.
Temos que dicilo porque xogámosnos moito: rexeitamos totalmente a contrarreforma chamada LOMCE, os recortes no Ensino, a destrucción da Escola Pública e, con todo elo, o Estado Social Basura que nos pretenden impor.
Moito ánimo. Temos a razón e a razón é innegociable.
Si tendes algunha dúbida poñervos en contacto.
Cordiais saúdos,
Lóis Uxío Taboada.
Secretaría de CONFAPA GALICIA."

Podedes consultar a WEB da Federación no apartado de Webs y Blogs