AVISO LEGAL

23 outubro 2015

AXUDAS COMEDORES ESCOLARES 2015-2016 CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,

Ao abeiro da convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares do Concello de Oleiros para o curso 2015-2016, os comunicamos que a partir do 21 de outubro e ata o 7 de novembro está aberto o prazo para a presentación de solicitudes.

Achegamos copia das bases e dos impresos para formular a solicitude.

A solicitude hai que presentala no rexistro sito no Centro Cultural  A Fábrica, en Santa Cristina.

Un saúdo,
Xunta Directiva

BASES DA CONVOCATORIA

ANEXO   

Nota: O sábado 7 de novembro o rexistro da Casa do Concello estará aberto de 8:45 a 13:15

22 outubro 2015

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

As nais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández dámosvos a benvida neste curso 2015-2016, e os invitamos á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro 4 de novembro no salón de actos do instituto.

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNADO  é un espazo que nos ofrece a todas as familias una oportunidade única para participar na vida do centro educativo e na educación que reciben os nosos fillos e fillas.

Invitámosvos a participar como asociados e asociadas nas Asembleas, a visitar o noso blog, no que atoparedes información sobre a xestión do comedor, das actividades, Banco de libros, axudas, información do instituto, etc. e por suposto a que nos enviedes as vosas suxestións, dúbidas ou comentarios ao noso correo electrónico apamiraflores@gmail.com, ou a través da conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicación.

A incorporación de novos integrantes á Xunta Directiva é fundamental para asegurar a continuidade desde proxecto chamado ANPA Miguel Hernández. Como veredes no formulario de convocatoria oficial incluímos o cupón de presentación de novos e novas candidaturas.

 
                                                ANIMÁDEMOS A PARTICIPAR!

Saúdos afectuosos,
 
Xunta Directiva
 
PREMER PARA OBTER A CONVOCATORIA DE ASEMBLEA
 
MOITAS GRAZAS QUINO.  
 

05 outubro 2015

CALENDARIO ESCOLAR

Estimadas familias,


Os días festivos de libre elección propostos polo centro para o  curso 2015-2016, para os centros CEIP Rabadeira e o IES Miraflores son:

             - 7 de Decembro
          - 16 de Maio

En virtud do acordo firmado o derradeiro curso, o claustro do profesorado do CEIP Rabadeira e o IES Miraflores escollerán alternativamente os días festivos de libre elección do centro. Nesta ocación correspondeulle ao CEIP Rabadeira a súa elección.

Dende a Asociación de Nais e País agradecemos que os claustros e os equipos directivos dos dous centros  tivesen en conta a solicitude de acordo, en aras da conciliación familiar e laboral, que fixemos  conxuntamente os representantes das familias.

Para o resto do calendario consultar entrada do 28 de xullo.

Un saúdo afectuoso
Xunta Directiva