AVISO LEGAL

28 xullo 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016

 



O pasado día 8 de xuño de 2015 publicouse a Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2015-2016 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aquí tedes algunhas datas:

 
Duración do Curso: do 15 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016 ambos os dous inclusives.


Vacacións:
- Nadal: desde o 21 de decembro de 2015 ata o 6 de xaneiro de 2016 ambos os dous inclusive.
     - Entroido: días 8,9,10 de febreiro
     - Semana Santa: desde o día 21  ata o 28 de marzo , ambos os dous inclusive

Día do ensino: o 30 de outubro de 2015

O centro solicitará dous días non lectivos de libre elección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que este ano en virtud do acordo entre o CEIP Rabadeira e o IES Miraflores (o acordó será presentado tamén á nova escola de Nós),  serán escollidos polo CEIP Rabadeira.

Os informaremos cando nos confirmen as datas¡¡¡

Saúdos
Xunta Directiva


ORDE DA XUNTA DE GALICIA premer quí