AVISO LEGAL

27 xaneiro 2014

OBRADOIRO DE PERIODISMO


Estimadas Familias xa é hora de comenzar o 3º Obradoiro de periodismo¡¡¡¡¡

         Durante os luns e os martes dos meses de febreiro, marzo e abril  en horario de 15 a 16 horas a Asociación de Nais e Pais Miguel Hernández do IES Miraflores ha contratado  a realización duns obradoiros de Periodismo  gratuitos para as familias asociadas, impartidos pola empresa Mil eventos y Comunicaciones  (actividade subvencionada polo Concello de Oleiro, o importe recibido pola derradeira edición é de 953,04€)). 
        As actividades  a realizar nos obradoiros os luns e os martes son paralelas, xa que eses días  quedan a comer diferentes cursos, en función das clases da tarde.

        O resultado final da actividade é a confección da 3º edición da Revista do Instituto.  A revista  pretende ser un nexo de comunicación e participación para toda a comunidade Educativa polo  que esperamos animedes aos vosos fillos e fillas a participar no obradoiro. As familias e o alumnado non usuario do comedor podedes  participar enviando calquera artigo ou comentario que consideredes  interesante publicar nela.

        Para máis información non dubidedes en contactar con nós ao correo  apamiraflores@gmail.com

        Con motivo da organización dos obradoiros  agradeceríamos  que as persoas interesadas cumprimentaran  a inscrición que poden atopar na conserxería do centro.

        Aproveitamos a ocasión para agradecer ao profesorado do centro e ao equipo directivo a implicación neste proxecto.

        Unha aperta afectuosa,