AVISO LEGAL

29 xuño 2013

AXUDAS DO CONCELLO DE OLEIROS Á ESCOLARIZACIÓN


As prestacións de apoio á escolarización son unha das medidas de loita contra a exclusión social da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros, co fin de axudar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que xenera o inicio do curso escolar nunha familia.
  • O poden solicitar todas aquelas familias veciñas de Oleiros, con fillos entre 0 e 16 anos escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello de Oleiros.
  •  As prestacións serán ata de 75 € cada unha delas ata esgotar orzamento, ás que se accederá polo sistema de concorrencia competitiva. Os menores coas rentas per cápita mais baixas serán os beneficiarios das ditas axudas.
  • A renda per cápita mensual, resultante de dividir todos os ingresos da unidade familiar, menos os gastos adicados ao aluguer o hipoteca, ata un máximo de 400 €, dividido entre o número de membros, non poderá ser superior a 159,75 €
Prazo e lugar de presentación
  • O prazo rematará o 18 de xullo (inclusive)  o 23 de xullo se expoñerá ao público unha listaxe con todas as solicitudes presentadas e os requirimentos que se fan de documentación naqueles que estén incompletas. Terán ata o 5 de agosto para presentar a documentación que se lles solicita ou presentar alegacións.
  • No Rexistro Xeral do Concello de Oleiros en horario de 8:30 a 13.00 horas. Tamén naqueles outros rexistros e lugares recoñecidos pola lei 30/92 do RXePAC.