AVISO LEGAL

01 novembro 2016

charla divulgativa sobre "COMUNICACIÓN E XESTIÓN EMOCIONAL NO ENTORNO FAMILIAR" na Fábrica

Estimadas familias,

Atendendo ás vosas peticións sobre temas interesantes para tratar nunha escola de nais e pais, enviámosvos a seguinte información e enlace do Concello de Oleiros para unha primeira charla divulgativa e posterior obradoiro na Fábrica.

"O Auditorio da Fábrica en Santa Cristina acollerá o próximo xoves, 3 de novembro, ás 20:00 h unha charla divulgativa na que, baixo o título de “O PODER DAS PALABRAS”, se falará de comunicación e da xestión das emocións co obxectivo de mellorar as relacións nas familias, principalmente entre os pais e as nais e os seus fillos e fillas.

Nesta charla divulgativa as persoas asistentes poderán coñecer todas estas ferramentas da man de Mar Sánchez, psicóloga experta en comunicación e xestión emocional e profesional de recoñecido prestixio nestes ámbitos.

Tras a celebración da charla abrirase ao día seguinte un periodo de inscrición, a través da carpeta cidadá da web municipal, para un obradoiro denominado “COMUNICACIÓN E XESTIÓN EMOCIONAL NO ENTORNO FAMILIAR” que se celebrará en cinco sesións, os xoves pola tarde, en horario de 19:00 a 21:00 h nas instalacións do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” nas seguintes datas: 10, 17 e 24 de novembro e o 1 e o 15 de decembro.

O obradoiro está dirixido especialmente a pais e nais que desexan mellorar e fortalecer a comunicación cos seus fillos e fillas, co fin de manter unha relación fluida e establecer unha base de confianza mutua que facilite o diálogo e a crianza.

A aprendizaxe destas técnicas permitirá mellorar as relacións familiares e prevenir problemas e conflictos que se poidan presentar no futuro. Saber traballar as emocións, coñecer como as emocións dirixen a nosa conducta, conectar cos fillos e fillas a través do respecto e a igualdade, xenerar seguridade e potenciar a autoestima, son claves para mellorar a convivencia no ámbito familiar."

Podedes recabar máis información e forma de inscrición no seguinte enlace: