AVISO LEGAL

30 novembro 2018

Escola de Nais e Pais


Estimadas familias,
Queremos agradecer a todas as personas que o pasado 27 de novembro  participaron na charla impartida por Belén Pérez,  como continuidade ás sesión de técnicas de estudo que están a recibir os nosos/as rapaces na aula.
Foi moi motivador contar coa presenza dun número importante de pais e nais concienciados con esta temática.

Agradecemos tamén ao equipo directivo do noso centro a súa implicación para que a actividade puidésese  levar a cabo.  

Grazas e máis grazas polo voso tempo e dedicación.
Xunta Directiva

                             

24 novembro 2018

OBRADOIRO PARA FAMILIAS- TÉCNICAS DE ESTUDIO


Estimadas familias,
O curso 2017-2018  decidimos organizar e financiar un obradoiro de técnicas de estudo, para levar a cabo en sesións de titoría en 1º e 3º ESO. Este curso 2018-2019 volvemos a contratalo.   O obradoiro está dirixido por Mª Belén Pérez, licenciada en Pedagoxía, especialista en técnicas de estudo  e con varios diplomas sobre Avaliación e Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.

Para complementar este traballo na aula e darlle a continuidade que precisa na casa, este ano imos  preparar dentro da Escola de Nais e Pais  un obradoiro para familias, aberto tamén ao alumnado e resto da comunidade educativa, no que Belén mostraranos as pautas e rutinas que explica aos nosos fillos e fillas. No obradoiro tamén nos aclarará  cal e  o  noso papel  e calquera dúbida que nos xurda.

 O Obradoiro terá lugar o:
 

                                   27 de novembro de 2018                                   
                   As 20:00 h
                   No salón de actos do Instituto

 
Esperamos a vosa presenza!!

E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviádenos un correo a: apamiraflores@gmail.com

20 novembro 2018

Estimadas familias,

Aproveitamos esta entrada para informarvos de dous eventos que terán lugar estes días:



  • Charla informativa dentro da campaña "Quen dixo medo?" impulsada pola Deputación da Coruña encamiñada "á sensibilización e prevención da violencia de xénero e a dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as súas diversas manifestacións". Estes son os termos con que nos convidan a unha charla informativa sobre afectividade e sexualidade, facetas fundamentais na vida das persoas que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Dito evento terá lugar o día 28 de novembro, no Salón de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo, Sada. Horario de 19:00 a 20:30. 


Tedes máis información aquí: Díptico charla afectividade e sexualidade





  • VII Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas arredor da Ría do Burgo o sábado 24 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Esta andaina está organizada e apoiada por todos os concellos co obxeto de amosar o rexeitamento de todas as veciñas e veciños das Mariñas ao maltrato, á violencia e á desigualdade de xénero.

    É unha andaina de carácter inclusivo e accesible en todo o seu percorrido co obxectivo de que participe toda a sociedade dende a xente maior aos nenos e nenas de cada familia.

    A saída é ás 10:30 h na Casa das Palmerasxunto á ponte do Burgo, pola parte de Cambre, onde está a marquesina grande da parada do bus. Dende ás 10:00 h estaremos dando a benvida ás persoas participantes para poder iniciar á andaina puntualmente.

    A andaina rematará no CEIP Portofaro, tamén en Cambre, a carón da ría, sobre as 12:30 h, onde se leerá un manifesto contra a violencia de xénero.

    Podedes participar facendo toda a andaina, unha parte ou achegándovos á súa chegada ao CEIP Portofaro. 



    Saúdos afectuosos,

    Xunta directiva






08 novembro 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR... PARTICIPA!!

Estimadas Familias,

Neste curso 2018-2019 hai que renovar o Consello Escolar. Os Consellos Escolares son un instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión  e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.

A participación das familias no Consello Escolar realízase:

-       A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
-       A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.

VACANTES 2018-2019

Nesta ocasión as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir:

-       representante das familias: nai, pai ou titor/a legal.

E os nosos fillos e fillas terán que elixir :

-       representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.


As candidaturas a representante das familias presentaranse no propio instituto, coincidindo co horario escolar,  rematando o prazo de admisión o 14 de Novembro de 2018 ás 14:00 horas. O mesmo día 14 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos. Poderás atopar o formulario de inscrición en secretaría  e na web do instituto.

 celebración das eleccións  do sector pais, nais e titores do alumnado terá lugar o Martes,  27 de novembro de 16:00h a 20:00h no propio centro.

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación e implicación é a túa forza.


PRESENTA A TÚA CANDIDATURA

 E  ANIMA AOS TEUS FILLOS/AS A PRESENTAR A SÚA. 



Recibide un cordial saúdo,

Xunta Directiva 

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ