AVISO LEGAL

22 outubro 2015

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

As nais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández dámosvos a benvida neste curso 2015-2016, e os invitamos á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro 4 de novembro no salón de actos do instituto.

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNADO  é un espazo que nos ofrece a todas as familias una oportunidade única para participar na vida do centro educativo e na educación que reciben os nosos fillos e fillas.

Invitámosvos a participar como asociados e asociadas nas Asembleas, a visitar o noso blog, no que atoparedes información sobre a xestión do comedor, das actividades, Banco de libros, axudas, información do instituto, etc. e por suposto a que nos enviedes as vosas suxestións, dúbidas ou comentarios ao noso correo electrónico apamiraflores@gmail.com, ou a través da conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicación.

A incorporación de novos integrantes á Xunta Directiva é fundamental para asegurar a continuidade desde proxecto chamado ANPA Miguel Hernández. Como veredes no formulario de convocatoria oficial incluímos o cupón de presentación de novos e novas candidaturas.

 
                                                ANIMÁDEMOS A PARTICIPAR!

Saúdos afectuosos,
 
Xunta Directiva
 
PREMER PARA OBTER A CONVOCATORIA DE ASEMBLEA
 
MOITAS GRAZAS QUINO.