AVISO LEGAL

29 setembro 2013

MOITAS GRAZAS¡¡¡¡¡¡¡


189 FAMILIAS PASARON POLO BANCO DE LIBROS      


Moitas grazas a todas as familias participantes nesta primeira edición do Banco de Libros organizado pola ANPA Miguel Hernández.  Sen a cesión dos libros non houbera sido posible a entrega dos mesmos. Mención especial ás familias de 3º que pasan este ano a 4º curso  por comprender a solidariedade e voluntariedade do sistema de intercambio de libros, son as que máis entregaron  e as que menos recibiron.  
Grazas ao Equipo Directivo do Instituto, ao profesorado, ao persoal de administración, Orientación, conserxería e limpeza pola colaboración, paciencia e apoio neste proxecto.

Grazas ás madres que ofrecéronse a colaborar con nosco, a Teresa polo cartel, a María, Mercedes, Montserrat, Ana, Cristina e aos seus fillos, Sergio, Juan e Quique pola axuda na clasificación de libros e confección dos lotes.
E moitas Grazas aos integrantes da xunta directiva  da Asociación e aos seus fillos e fillas, Noelia, Jorge, Sergio, Andrea  e Mar e, especialmente á nosa compañeira Cristina polo seu entusiasmo e pola espectacular xestión do proxecto de préstamo de libros.

Vémonos na seguinte¡¡¡¡¡¡

Xunta Directiva