Comezamos este ano 2018 cunha nova proposta do Club de lectura de adultos do Instituto. María (coordinadora da biblioteca) e o equipo encargado de dinamizala, convídannos a asistir á xuntanza arredor do libro "O vello e o mar" de Ernest Hemingway. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro ás 16,30 horas.
Nesta ocasión comezarán coa película do mesmo título na versión de Anthony Queen. Sen dúbida xurdirán moitos temas interesantes arredor desta gran obra.
Animádevos a participar!! Acude ao instituto ese día e comparte unha boa tarde!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario