AVISO LEGAL

29 setembro 2016

Prazas de transporte para alumnado de bacharelato


Estimadas familias,
En relación ás prazas de transporte escolar autorizadas para o alumnado de bacharelato (considerados, como sabedes, usuarios excepcionais do transporte, ao non ser ensino obrigatorio), o día 28 de setembro procedeuse ao sorteo da letra- baremo para ordenar o seu acceso ás prazas libres nestes momentos. O sorteo fíxose na sala da ANPA en presenza, da Directora do centro, a Xefa de estudios, unha representante da ANPA e dous alumnos de Bacharelato.
A letra-baremo para o comezo de adxudicación de prazas neste curso é a “C”
Poderase consultar a lista do alumnado admitido e en lista de espera na web do instituto a partires do venres 30 de setembro.
Lembrade que, segundo a normativa da consellería, os “usuarios lexítimos do transporte escolar que non fagan uso continuado do transporte perderan dita condición de usuario lexítimo”
Agradeceriamos que as familias que no seu día solicitaron servizo de bus, xa sexa para ESO ou Bacharelato, e que non fagan uso do mesmo renuncien por escrito ao mesmo. Deste xeito, poderemos dar servizo a todo aquel alumnado que o necesita e quedouse fóra.
Mentres o bacharelato considérese ensino non obrigatorio, todas as familias ímonos a ver afectadas por este problema nalgún momento, polo que facemos un chamamento ao sentido común e a solidariedade para este curso e para os seguintes.
Para máis información podedes contactar coa ANPA ou directamente con Paula, a directora do centro.
Un afectuoso saúdo
Xunta Directiva