AVISO LEGAL

18 novembro 2013

Escola Nais Pais- Concello de Oleiros


Estimadas familias,
A Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros, organiza unha mesa redonda sobre a Igualdade de xénero e a Educación,

Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Día:  20 de novembro ás 20:00 h.
 
Esta mesa redonda enmarcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais. Nela  falarase da igualdade de xénero e da educación desde a liña da investigación no social e no mundo escolar, dos programa de intervención cos adolescentes e presentarase o programa Escola Coeducativa que o Concello de Oleiros pon a andar neste curso 2013 – 2014. A mesa estará composta por

ü  Dona Ana Iglesias Galdo, decana de Ciencias da Educación da UDC, co seu relatorio “Igualdade de xénero e educación, de qué falamos?;
ü  Dona Natalia Domínguez Galán, educadora social, co seu relatorio “A experiencia profesional de intervención en programas de igualdade con adolescentes” e
ü  Dona Sandra Fernández Fernández, concelleira de Ensino e Xuventude de Oleiros, con “ Escola Coeducativa”.
Dende a ANPA  queremos animar a todas as nais e os pais do  IES Miraflores a participar deste  evento .

Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ