10 de xaneiro de 2018

FELIZ ANO! e volta á actividade!!

Comezamos este ano 2018 cunha nova proposta do Club de lectura de adultos do Instituto. María (coordinadora da biblioteca) e o equipo encargado de dinamizala, convídannos a asistir á xuntanza arredor do libro "O vello e o mar" de Ernest Hemingway. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro  ás 16,30 horas. 

Resultado de imagen de el viejo y el mar


Nesta ocasión comezarán coa película do mesmo título na versión de Anthony Queen. Sen dúbida xurdirán moitos temas interesantes arredor desta gran obra.





Animádevos a participar!! Acude ao instituto ese día e comparte unha boa tarde!!!!

17 de decembro de 2017

Enquisa "ESCOLA DE NAIS E PAIS"

Estimadas familias,

Lembrade que temos unha enquisa aberta para poder decidir entre todas e todos os temas que nos gustaría abordar nunha "escola de nais e pais". Por favor, se aínda non o fixeches... entra neste enlace:



Moitas grazas!! Saúdos,

Xunta directiva

Estimadas familias,

Queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas, con tempo para disfrutar e compartir cos vosos. E todo o mellor para o ano 2018!!

Saúdos agarimosos,


Xunta directiva 
ANPA  Miguel Hernández
IES Miraflores


1 de decembro de 2017

Concurso logo Club Voleibol Oleiros

Envíannos este cartel para que vos animedes a participar no deseño do logo para o Club de Voleibol de Oleiros.

 Veña! Pon en marcha a túa creatividade!!

Son 150 euros de premio que seguro sabes como aproveitar!!!






30 de novembro de 2017

Deseñando espazos xuvenís en Oleiros!

ATENTOS a esta xuntanza para participar no diseño de novos espazos para mozas e mozos de Oleiros!

Acude, participa, opina...e DESEÑA!!!


27 de outubro de 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias,

Como cada ano intentamos facilitar unha serie de actividades extraescolares no instituto para os nosos fillos e fillas . Son iniciativas variadas no contido e nas datas de realización e para poder levarse a cabo é preciso un número mínimo de participantes. Este ano temos algunha xa habitual (taller de periodismo para a realización da revista escolar) e outras novas que esperamos sexan do voso interese.

Deixamos o enlace ao cartel con nome e datas propostas, algún tríptico de información e as follas de inscripción.






Saúdos afectuosos,

Xunta directiva

10 de outubro de 2017

Convocatoria de axudas do Concello de Oleiros para asistencia a comedores escolares

Estimadas familias,

O BOP (Boletín Oficial da Provincia de A Coruña) publicou o pasado día 3 de outubre a "Convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares" do curso 2017/18 no noso concello.

Nos seguintes enlaces tedes toda a información necesaria, as bases cos requisitos de solicitude así como o anexo 1 (pódese cubrir no ordenador e envialo como arquivo adxunto):


Lembrade que a data de solicitude remata aos 15 días hábiles da publicación no BOP.


Saúdos afectuosos,

Xunta directiva