AVISO LEGAL

29 febreiro 2024

CHARLA-OBRADOIRO TECNOLOXÍA E ADOLESCENCIA


 

Bo día

Compartimos esta interesante proposta sobre tecnoloxía e adolescencia que terá lugar o día 21 de marzo ás 18.00 no Auditorio das Torres de Santa Cruz da man do profesor da USC Antonio Rial Boubela, organizado por un grupo de Anpas de centros de ensino en colaboración co Concello de Oleiros.

Para asistir agradécese cumplimentar o seguinte formulario e así ter unha estimación de aforo. https://forms.gle/ZuWRzBhhTcMueQU18.

Tedes toda a información completa na seguinte web: https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/




27 febreiro 2024

VIAXE A MADRID 4ºDA ESO- PARTE 2

Bo día

As familias con alumnado en 4º da ESO interesadas en participar na viaxe a Madrid entre o 4-7 de abril debedes cubrir o formulario que se achega máis abaixo antes do venres 1 de marzo.



Moitas grazas.

26 febreiro 2024

VIAXE A MADRID 4º ESO

 


 Bo día!!

 Hoxe luns 26 de febreiro ás 19.00 da tarde haberá unha xuntanza informativa da viaxe a Madrid programada para o alumnado de 4ºda ESO entre os días 4 e 7 de abril de 2024. 

Asistirá unha persoa da axencia organizadora da viaxe para resolver todas as dúbidas .



19 febreiro 2024

CONCESIÓN AXUDAS ÁS ANPAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

 



O Concello de Oleiros publicou no BOP nº97 e data 24 de maio de 2023 a subvención a entidades sen ánimo de lucro para a promoción e difusión da cultura e o deporte para o ano 2023. A Anpa presentou en prazo a solicitude da antedita subvención co obxectivo de levar a cabo as seguintes intervencións no centro, co apoio da Dirección do Instituto:

  1. Opera Breaks , espectáculo a cargo da compañía A Vella Escola onde se mistura danzas urbanas co canto lírico da man da soprano galega Esperanza Mara.
  2. Técnicas de Estudo. A psicopedagoga Belen P. Sanmartín volve ao noso centro para presentar ao alumnado técnicas eficaces de estudo así como apoio ás familias para poder intervir no acompañamento escolar dos nosos fillos e fillas. 

En decembro do ano 2023 recibimos resolución favorable a esta concesión por importe de 3.337€. Polo que unha parte destas execucións foron financiadas polo concello de Oleiros.