AVISO LEGAL

07 maio 2013

BANCO DE PRÉSTAMO DE LIBROS

Estimadas familias:

Dende a Asociación de Nais e Pais do Alumnado Miguel Hernández do I.E.S. "Miraflores" queremos iniciar este ano un banco de préstamo de libros de texto usados.

Coa creación do banco de libros pretendemos apoiar as familias reducindo os seus gastos así como fomentar diversos valores como a colaboración, a solidariedade, a responsabilidade no coidado do material escolar e respecto polo medio.

É unha experiencia nova para nós, que esperamos  se fortaleza e se afiance no tempo. Como en todos os inicios non sabemos como se vai desenvolver nin sabemos de antemán a cantidade de libros que imos ter dispoñibles para o próximo curso. Non obstante, confiamos en que se vaia consolidando o sistema de préstamo de libros e en poucos anos poidamos asegurar unha circulación de libros beneficiosa para todos.

Tamén vos informamos que é un proxecto aberto a toda a comunidade educativa, non sendo un requisito estar asociado. Dende a asociación cremos que cantas máis familias se poidan beneficiar do proxecto maior será o cumprimento dos nosos obxectivos.

Para este proxecto necesitamos a vosa colaboración. Colaboración non só ao entregar os libros do curso anterior, senón tamén colaboración activa e presencial  nas fases de recepción, clasificación e entrega dos libros. Animádevos a deixar os vosos datos de contacto no correo da ANPA.

Nunha próxima comunicación ampliarémosvos a información sobre fases do proxecto e datas, condicións e procedemento de petición, etc.

Recordade que nos tedes á vosa disposición no correo info@apamiraflores.es.

Saúdos afectuosos,

 A Xunta  Directiva
ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ