AVISO LEGAL

22 abril 2025

CHARLA COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

 Bo día

Compartimos con vos a seguinte proposta do Concello para as familias que nos parece de interese. 

Un saúdo. 




 A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma mais sana, honesta e respectuosa. O obxectivo da charla é dar a coñecer os seus principios básicos para poder levar a cabo unha comunicación mais consciente e auténtica, na que conectaremos coas necesidades e coas emocións da persoa coa que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións.

 

En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por uns problemas na forma de comunicarnos. Ser conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións.

 

Desde Familias Inquedas quérese transmitir a súa importancia para manter un bo clima de convivencia nas casa, especialmente naqueles momentos nos que a comunicación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.

 

Na charla está previsto ofrecer espazos de intervención das persoas asistentes para respostar a cuestións e compartir reflexións.

 

Ao final da charla informarase dunha pequena formación que se impartirá mais adiante para aquelas persoas interesadas en profundizar sobre esta ferramenta.


Lembrar que a charla é aberta e non é necesaria a inscrición previa para asistir.