AVISO LEGAL

02 outubro 2014

Ola familias,

Adxuntamos información recibida da Federación Provincial de ANPAS sobre os actos convocados para esta semana en defensa do ensino público.

 "A Federación Provincial de ANPAs, en sesión de xunta directiva celebrada onte, aproba participar da convocatoria realizada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público e convida as comunidades escolares da provincia, (familias, profesorado e alumnos), consecuentemente co noso compromiso de  denuncia de calquera intención de destruír un modelo educativo de calidade e convoca unha SEMANA DE DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do 6 ao 10 de outubro na que realizaremos diversas actividades como son os ABRAZOS SOLIDARIOS que se realizarán en diversos centros educativos como símbolo do apoio que a comunidade educativa temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino. Ademáis dos actos que organicedes a nivel do voso centro, haberá un acto central ao que os convidamos a participar solidariamente cos vosos fillos e fillas e o profesorado:

·         7 de Outubro - 18 horas  - CEIP Rosalía de Castro, Río Avía, s/n - 15007 A Coruña

Polo que desde a Federación unímonos ao chamamento á sociedade, nais, pais, docentes e alumnado para que participe nestas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, porque está en xogo a educación do noso país."
 
Un saúdo,
Xunta Directiva