AVISO LEGAL

12 marzo 2013


             II OBRADOIRO DE XORNALISMO E REVISTA

Estimadas Familias,
                Durante os luns e os martes do mes de abril en horario de 15 a 16 horas a Asociación de Nais e Pais Miguel Hernández do IES Miraflores ha contratado (para os usuarios do comedor do luns e do martes)  a realización duns talleres de Periodismo GRATUITOS  impartidos pola empresa Mil eventos y Comunicaciones  (actividade subvencionada polo Concello de Oleiros).
                 O obxectivo final da actividade é a confección da 2º edición da Revista do Instituto.  A revista  pretende ser un nexo de comunicación e participación para toda a comunidade Educativa polo  que esperamos animedes aos vosos fillos e fillas a participar nos talleres.
 As familias e o alumnado non usuario do comedor podedes  participar enviando calquera artículo que consideredes  interesante publicar nela. Para máis información non dubidedes en consultar a web www.apamiraflores.es ou en contactar con nós ao correo  info@apamiraflores.es.
Con motivo da organización dos talleres agradeceríamos  que as persoas interesadas cumprimentaran  a inscrición que poden atopar na conserxería do centro.
Aproveitamos a ocasión para agradecer ao profesorado do centro e ao equipo directivo a implicación neste proxecto.

Unha aperta afectuosa,

Xunta Directiva ANPA Miguel Hernández
IES Miraflores