AVISO LEGAL

12 marzo 2020

COMUNICACIÓN DEL INSTITUTO

Estimadas familias,

Os dejamos copia de la comunicación que ha realizado el equipo directivo en relación a la suspensión de las clases.

De la misma manera que se cancelan las clases, se dan por canceladas las actividades que desarrolla la asociación: Taller de periodismo ( incluida la visita a la radio)  y taller de técnicas de estudio.

Recomendamos estar pendiente del correo electrónico. El centro a través de la aplicación SIXA, nos irá transmitiendo información sobre dicho proceso de suspensión.

Recibid un cordial saludo,
Xunta Directiva

AVISO URXENTE. SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES LECTIVAS.

O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA COMUNICOU A DÍA DE HOXE A DECISIÓN DE PECHAR OS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA DESDE O VINDEIRO LUNS CON CARÁCTER OFICIAL, E DE XEITO RECOMENDADO DESDE MAÑÁ VENRES, POR UN PERÍODO INICIAL DE 14 DÍAS.
 
 
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.
Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-.
“Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.
As ausencias do alumnado do día 13 de marzo consideraranse xustificadas a todos os efectos.
Poden atopar a información sanitaria oficial ás familias no seguinte enlace.
 
Respecto ao desenvolvemento curricular do curso recibirán información detallada a través dos medios habituais empregados polo Centro, Sixa Familias e correo electrónico, tan pronto como dispoñamos das instrucións precisas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ao respecto.
 
O centro permanecerá aberto ao público para a realización de trámites administrativos de 9:00 a 13:00.
Calquera consulta relativa a este tema poden facelo a través do correo electrónico: iesmiraflores@iesmiraflores.es
 
Un saúdo
A Dirección

10 marzo 2020

MOITAS GRACIAS

Estimadas familias,


Agradecémosvos  a  presencia e colaboración na IV Carrera de la Luz do IES Miraflores. Ainda que o tempo non nos acompañou disfrutamos dunha xornada moi solidaria e entrañable.

Segundo a organización do evento esta edición foi todo un éxito de participación e de recadación, superándose o importe de anos anteriores.

Co ofrecemento do chocolate e dos exquisitos dulces que fichestes,  o stand da ANPA  recolliu  418 euros que serán de gran utilidade para a construcción de vivendas no programa Hábitat da Fundación Vicente Ferrer.
 
Felicitamos e damos as gracias ao equipo organizador pola boa marcha do evento e polo fomento de actividades solidarias  para os nosos fillos e fillas.


Saúdos cariñosos,

Xunta directiva
ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

02 marzo 2020

IV CARRERA DE LA LUZ


Estimadas familias,

Como xa sabedes, o vindeiro venres  6 de marzo celébrase a  IV edición da "Carrera de la Luz" do IES Miraflores. Este ano a recaudación irá destinada ao programa Hábitat da Fundación Vicente Ferrer.
 
Como cada ano contamos coa achega dos vosos deliciosos biscoitos para acompañar un chocolate ben quentiño. Pasádemos polo stand da ANPA!!
 
Participa correndo, animando e en definitiva pasando un bo rato !!
 
 
Vémonos!!
 
Saúdos e apertas,
 



 
Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández