Estimadas familias,
Querémosvos informar de que a Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda para tratar o tema das Altas Capacidades. Preténdese ofrecer unha visión familiar e escolar de como abordalas.
"Teño un fillo de altas capacidades, e agora que?
Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Día: mércores 26 de marzo ás 20h.
Esta mesa redonda enmárcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais. A mesa estará composta por
- Margarita Beceiro. Orientadora do CEIP Mosteirón.
- Elena Rivas. Nai de adolescente con altas capacidades.
Dende a ANPA queremos animar a todas as nais e os pais do IES Miraflores a participar deste evento .
Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
Altas Capacidades.j