AVISO LEGAL

10 novembro 2014

CONSELLOS ESCOLARES



Estimadas Familias,

 Neste curso 2014-2015 hai que renovar o Consello Escolar.
 
Os Consellos Escolares son o instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.
 
"A túa implicación e participación, agora máis que nunca é decisiva"
 
A participación das familias no Consello Escolar realízase:

         A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
         A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.
         Unha vía indirecta a través do alumnado

 VACANTES 2014-2015:
    Este ano no noso instituto as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir: 1 representante das familias- nai, pai ou titor/a legal
    E os nosos fillos e fillas terán que elixir:  4 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.
 As candidaturas presentaranse no Centro Educativo correspondente, coincidindo co horario escolar. O prazo de admisión de candidaturas remata o 18 de Novembro de 2014 ás 14:00 horas. Ese mesmo día 18 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos.

A campaña electoral levarase a cabo dende o 19/11 ao 23/11 (ambos os dous inclusive) e a celebración das eleccións terá lugar, no instituto, durante os seguintes días:

        Luns 24 de novembro de 16:00h a 19:30h. Eleccións do sector pais, nais e titores do alumnado.
         Martes 25 de novembro eleccións aos representantes do alumnado entre ás 9:00h e ás 12:00h

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación é a túa forza.
  ______________________________________