AVISO LEGAL

29 setembro 2013

MOITAS GRAZAS¡¡¡¡¡¡¡


189 FAMILIAS PASARON POLO BANCO DE LIBROS      


Moitas grazas a todas as familias participantes nesta primeira edición do Banco de Libros organizado pola ANPA Miguel Hernández.  Sen a cesión dos libros non houbera sido posible a entrega dos mesmos. Mención especial ás familias de 3º que pasan este ano a 4º curso  por comprender a solidariedade e voluntariedade do sistema de intercambio de libros, son as que máis entregaron  e as que menos recibiron.  
Grazas ao Equipo Directivo do Instituto, ao profesorado, ao persoal de administración, Orientación, conserxería e limpeza pola colaboración, paciencia e apoio neste proxecto.

Grazas ás madres que ofrecéronse a colaborar con nosco, a Teresa polo cartel, a María, Mercedes, Montserrat, Ana, Cristina e aos seus fillos, Sergio, Juan e Quique pola axuda na clasificación de libros e confección dos lotes.
E moitas Grazas aos integrantes da xunta directiva  da Asociación e aos seus fillos e fillas, Noelia, Jorge, Sergio, Andrea  e Mar e, especialmente á nosa compañeira Cristina polo seu entusiasmo e pola espectacular xestión do proxecto de préstamo de libros.

Vémonos na seguinte¡¡¡¡¡¡

Xunta Directiva

23 setembro 2013

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Estimadas Familias,

 
 As nais e os pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández  queremos presentarnos e darvos a benvida a este novo curso 2013-2014.

Queremos aproveitar a ocasión para insistir na importancia do papel que representamos as familias como membros activos da comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar. Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.

Para desenvolver ben o noso labor cremos que é necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos enviédenos as vosas inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo electrónico a apamiraflores@gmail.com ou a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.

Os recordamos que temos á nosa disposición na sala da ANPA  á documentación relativa á ANPA e ao centro que precisedes consultar (coma o Regulamento de Organización do centro,  Progamación Xeral...)  
 

Un afectuoso saúdo,

 A Xunta Directiva

03 setembro 2013

Banco de Libros

Ola familias,

Recordámosvos que en setembro temos unha segunda oportunidade para entregar e solicitar os libros de texto.

As datas son:
  • Entrega os libros que xa non utilizas e solicita os do próximo curso os días 9 e 10 de Setembro de 10h a 13h. 
  • Recolle os libros disponibles os días 12 e 13 de Setembro de 10 h a 13h. 
Como xa explicabamos nas circulares de Maio e Xuño  non podemos asegurar que tengades disponibles todos os libros solicitados pois depende dos libros que as familias entreguen previamente.

 Xa sabedes que para  calquera dúbida ou consulta, podedes contactar con nós a través do noso correo electrónico apamiraflores@gmail.com ou info@apamiraflores.es

Animádebos a participar e colaborar con nós nas tareas de recollida, entrega ou clasificación de libros¡¡¡  Escribídenos un correo¡¡¡

Apertas,

Xunta Directiva