AVISO LEGAL

24 outubro 2018

Axudas e obradoiro do Concello

A entrada de hoxe é para informarvos de dous temas de interese do Concello de Oleiros e dos que achegamos enlace:

  • As axudas para comedores escolares, que xa vos enviamos por mail a información. Aínda tedes uns días para solicitala. Toda a información : AQUÍ

  • O xoves abre o prazo de inscrición para un obradoiro dirixido ás familias dos adolescentes

    " Oleiros, 23 de outubro de 2018-. “Acompañando na adolescencia” ou como sobrevivir ao Big Bang emocional é o obradoiro que o Concello de Oleiros vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos. O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.
    Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión sobre o que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí preto, presentes, acompañando.
    O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da cultura de Perillo. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 horas do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 horas.
    As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas".

    Saúdos
    Xunta directiva