AVISO LEGAL

29 novembro 2022

CONCESIÓN PROVISIONAL AXUDAS COMEDORES ESCOLARES

 Bo día.

No día de hoxe publicouse na web do Concello de Oleiros (apartado Concellería Ensino e Xuventude) o Acordo provisional de concesións e desestimacións das axudas para a asistencia a comedores escolares para o curso 2022 – 2023.


Achegamos o enlace de dito Acordo :  http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=dcfae394-f51c-4fce-be9f-79b7eb71c776&groupId=12702


O prazo de alegacións é de 10 días hábiles e finaliza o día 14 de decembro de 2022.


Un saúdo

CANCELACIÓN DA CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Bo día,

Dende o Concello infórmannos que debido ao baixo número de inscritos, cancélase a charla sobre alimentación saudable, prevista para hoxe martes 29 de novembro, e organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) da Consellería de Educación, en colaboración co Concello de Oleiros.


24 novembro 2022

ALIMENTACION SAUDABLE-CHARLA PARA FAMILIAS

 Bo día

O Centro de formación e recursos da Consellería de Educación en colaboración co Concello de Oleiros, organiza unha charla para familias sobre alimentación saudable.

Celebrarase o vindeiro 29 de novembro martes ás 18 horas no Centro Municipal de Formación Isaac Diaz Pardo (Os Regos).

As inscircións fanse a través do enlace que vos deixamos aquí

Un saúdo




14 novembro 2022

XORNADA DE IGUALDADE CON BRAVAS

O pasado día 8 tivemos no Instituto a ISA RISCO coa súa obra BRAVAS. Foron as alumnas e alumnos de 1º da ESO as espectadoras  e espectadores que tiveron a fortuna de asistir á representación. 

Para a publicidade da obra tivemos gañadora do concurso de carteis. Parabens a Mara Vázquez polo seu cartel:


O certo é que estivo ben difícil a votación pois tamén temos que felicitar a Carla García e a Gema Campos polas súass propostas que vos deixamos aquí:






Agardamos que a obra de teatro fora un desfrute e unha aprendizaxe ao mesmo tempo. 

Grazas a Isabel Risco e á dirección do IES que fixo posible a organización para cadrar horarios e poder facer esta actividade complementaria das aulas.

Deixámosvos algunhas fotiños da representación. 






Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Oleiros dentro da convocatoria de Subvencións para a Promoción  e a Difusión da Cultura e o Deporte do ano 2022

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 Bo día familias!!

Este ano convócanse eleccións ao Consello Escolar. Animamosvos a presentar a vosa candidatura para participar como representantes de pais e nais. 

Tedes ata o venres 18 de novembro de 2022 ás 14.00 h. para presentar as candidaturas. 

Aproveitade a oportunidade de implicarvos na vida escolar do vosos fillos e fillas.

Deixamosvos o enlace da publicación do calendario de eleccións:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220930/AnuncioG0655-210922-0003_gl.html

Ademáis tedes toda a información detallada na web do Instituto:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/

Un saúdo

08 novembro 2022

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-2023

 

A ANPA Miguel Hernández do IES MIRAFLORES está a valorar o organizar unha serie de actividades extraescolares a realizar os luns e os martes en horario de 15:00 a 16:00 horas. Co fin de valorar as actividades que terían maior aceptación, agradeceriamos que contestásedes ao seguinte formulario para ter datos aproximados de asistencia e poder estimar as actividades máis adecuadas.

https://forms.gle/NwkACEamMifKn5hQ8

Saúdos

03 novembro 2022

SUBVENCIÓN COMEDORES ESCOLARES PARA CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CURSO 2020-2021

Bo día!

No pasado curso 2020-2021 solicitouse por parte da Anpa a subvención da Xunta de Galicia para Anpas que xestionan o comedor de centros sostidos con fondos públicos. Este importe foi recibido en decembro de 2021 e o destino acordado foi a minoración da cota do importe mensual de comedor proporcionalmente aos días que os vosos fillos e fillas fixeron uso do servizo no curso correspondente.

O reparto proporcional fixémolo agora que temos os datos do alumnado asistente ao comedor e os días correspondentes no curso 2020-2021.

Poñémonos en contacto cos beneficiarios por mensaxe electrónico para que pasedes nos horarios que habilitamos para esto a recoller o importe correspondente. Para iso pedímosvos que cubrades o seguinte formulario (só un formulario por familia, por favor):

https://forms.gle/t2DiKdyjrtEQ67U39

Moitas grazas. Un saúdo,




VIAXE Á NEVE CURSO 2022-2023

 Ola!

Coa fin de colaborar na recadación de fondos para o alumnado do Instituto que, sendo membro da Anpa, participe na viaxe á neve do  curso 2022/2023, a ANPA Miguel Hernández do I.E.S. Miraflores , propón:

xestionar a adquisición dunha serie de produtos por xunto que poderán ser vendidos polo alumnado, obtendo coa devandita venda un beneficio para colaborar nos gastos da antedita viaxe.

OPERATIVA:

Os interesados poden ver na seguinte ligazón, os productos que poden mercarse:

https://www.damadeestepa.es/productos?gclid=EAIaIQobChMIhufWk-L_-gIVSJnVCh2xDQLaEAAYASABEgL36fD_BwE

Aquí podedes ver os prezos de compra e de venda:


Ata o día 15 de novembro, os interesados, cubrindo os datos deste formulario, poden facer as peticións dos productos que lles interesen para posteriormente ser vendidos.

https://forms.gle/Sa7GjzX5t3u6u6QE7

Farase a petición á empresa e distribuiranse os productos entre os solicitantes.

Antes do día 12 de decembro, deben de pagar o ANPA o importe neto da suas peticións.

Pódese falar con familiares e amigos para poder facer unha venta maior e máis beneficio para o alumnado.

Contaremos co centro para a recepción/almacenaxe e distribución dos produtos.

Calquera dúbida podedes consultar coa ANPA


MENÚ NOVEMBRO

 








18 outubro 2022

CONCURSO DE CARTEIS ACTIVIDADES DE IGUALDADE NO MIRAFLORES

 Dentro do marco da IGUALDADE propuxéronse dende a Anpa ao Centro dúas actividades nos vindeiros días:


O DÍA 8 DE NOVEMBRO o alumnado de 1º da ESO terá a oportunidade de desfrutar da obra de teatro BRAVAS da man de Isa Risco. Bravas fai un percorrido pola historia da muller galega, unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.


OS DÍAS 19, 20 e 21 DE DECEMBRO DE  2.022, un obradoiro de igualdade. Almas Meraki da man de Sara Vierna. DESCONECTA DO MACHISMO, RECONECTA CONTIGO, Invitarase ao alumnado a poñer en cuestión as identidades e comportamentos limitados e limitantes para enfocalos no desenvolvemento pleno e consciente do seu espazo emocional a partires da interdependencia, o feminismo e a sostenibilidade global.


Por estes motivos propuxemos un CONCURSO DE CARTEIS que fará o alumnado que estea interesado en participar xunto co docente encargada da materia de plástica. 

Agardamos ter moitas propostas para que o xurado elixa o mellor cartel.


Deixámosvos AQUÍ  o enlace ás bases do concurso e o premio ao mellor cartel de cada actividade.


Anímadevos a participar!!!


20 setembro 2022

FORMACIÓN GRATUÍTA DE INTERESE







MENÚ SETEMBRO

 


NOVO CURSO 2022-2023

Dende a ANPA Miguel Hernandez queremos darvos a benvida a un novo curso. 

Queremos ademáis propoñervos esta canle de información que estará  de novo actualizada a partir de agora coas novas de interese para a comunidade educativa. 

Poderemos enviarvos información  a través dos correos electrónicos que nos indicáchedes no impreso de inscrición así como a través de facebook no enlace que tedes na marxe dereita deste blogue. 

Para poñervos en contacto con nós sempre estaremos no correo electrónico apamiraflores@gmail.com, intentaremos responder ás vosas preguntas o máis axiña posible. E se queres formar parte da Anpa e poñer en común as túas inquedanzas, habilidades ou propostas non dubides en escribirnos. 

Desfrutade deste novo curso!!!!