22 decembro 2023
13 decembro 2023
BRAZILIAN JIU-JITSU
A ANPA vai coordinar unha nova actividade deportiva extraescolar, Brazilian Jiu Jitsu, que seránimpartidas os luns en horario de 15.00 a 16.00 hora no ximnasio do centro a partir de xaneiro.
Realizaranse dúas xornadas de exhibición. A primeira será este luns, 18 de decembro, en horario de 15.00 a 16.00.
Aimádevos a asistir!!!!
08 decembro 2023
CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES
Informámosvos que no Boletíon Oficial da Provincia nº 228 de data 29/11/2023 publicouse a Convocatoria de axudas ás familias para a asistencia a comedores escolares no curso 2023/2024.
Estas axudas son en réxime de concorrencia competitiva para as familias con menores ingresos, que deben facer a súa solicitude individualmente ante o Concello.
As solicitudes deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros no Centro Cultural A Fábrica en horario de 8.30 a 14.00 h. ou ben a través da sede electrónica no modelo normalizado incluído na convocatoria.
O prazo de solicitude remata o 15/12/2023.
Un saúdo.
RESOLUCIÓN AXUDAS ÁS ANPAS PARA FINANCIAMENTO DO COMEDOR DOS USUARIOS DO SERVIZO
28 novembro 2023
"ÓPERA BREAKS" NO AUDITORIO GARCÍA MARQUEZ DE MERA
Onte o alumnado de 1º a 3º da ESO tiveron unha xornada algo diferente. Puideron asistir ao espectáculo "Opera Breaks" a cargo da compañía A Vella Escola e a soprano Esperanza Mara.
O espectáculo contou cun picadiscos que recibiu moitos aplausos por parte do noso alumnado. Ademáis desfrutaron de bailaríns de danza urbana, rap e breakdance, así como beatbox e a mistura coa ópera que fixo que o espectáculo fora novedoso e moi adaptado ao público que encheu o Auditorio.
Moitas grazas aos profesores e profesoras que acompañaron ao alumnado ata alí e á dirección do Instituto por aceptar esta proposta.
Deixámosvos algunhas fotos da xornada.
08 novembro 2023
CONVOCATORIA AXUDAS COMEDOR ÁS ANPAS DO CONCELLO DE OLEIROS
Bo día
No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai ofrecer á ANPA a posibilidade de solicitar unha subvención destinada a diminuír o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite a través do/a seu/súa representante legal e que estea empadroado no Concello de Oleiros.
O día 7 de novembro de 2023 comunicouse á Anpa do Ies Miraflores as condicións e prazos da antedita solicitude, mediante unha “Providencia de incoación de procedemento”, da que vos achegamos copia.
As familias socias da Anpa que queiran solicitar a mencionada axuda e que estean efectivamente empadroadas no Concello de Oleiros, deberán presentar á ANPA antes do día 13 de novembro a solicitude debidamente cuberta que se achega.
A solicitude pode ser asinada dos seguintes xeitos:
- Manuscrita: Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI
do/da asinante, a efectos de comprobar a súa identidade.
- Mediante sinatura electrónica (non se precisará copia do DNI).
As solicitudes á ANPA deberán ser entregadas ANTES DO DÍA 13 DE NOVEMBRO mediante o seguinte formulario:
no que debedes achegar a solicitude asinada (manualmente ou electrónicamente) así como a copia do DNI e o(s) volante(s) de empadroamento (que pode ser obtido na Sede Electrónica municipal), no seu lugar é posible autorizar a consulta deste aspecto ao Padrón municipal, por parte do Concello.
En caso de non poder presentar a solicitude a través do formulario, poderedes presentar a solicitude presencialmente no seguinte horario exclusivamente:
➢ xoves 9 de novembro entre as 16,00 e as 19,00 da tarde
➢ venres 10 de novembro en horario de mañá entre as 8,30 e as 10,30h.
26 outubro 2023
INFORMACIÓN AXUDAS DO CONCELLO DE OLEIROS ÁS ANPAS QUE XESTIONEN COMEDORES ESCOLARES NOS CENTROS PÚBLICOS DE OLEIROS
Bo día
Dado que temos moitas consultas por parte das familias socias da Anpa acerca das becas comedor, facemos unha comunicación da situación actual en relación con este tema, aínda que moitas das que asistíchedes a Asemblea do pasado día 17/10 xa coñecedes.
O Concello de Oleiros viña tramitando dous tipos de axudas ao comedor xestionado polas Anpas dos centros sostidos con fondos públicos ubicados no Concello:
A Concellaría de Servizos Sociais, unha axuda completa ao servizo de comedor en función dos criterios deste departamento recollidos na Ordenanza de Medidas de Inclusión Social que se pode consultar na paxina web do Concello.
A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, unha axuda en función de determinados condicionantes que financiaba o comedor a posteriori, é dicir, implicaba o pago previo do servizo e, posteriormente, o Concello aboaba a cantidade concedida en función do cumprimento de determinados requisitos. O que se coñecía como Beca Comedor.
Estas Becas Comedor que anteriormente tramitaba o Concello de Oleiros a través da Concellería de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude deixan de existir.
No seu lugar, o Concello, propón que as Anpas soliciten unha subvención que minore o importe do comedor dos usuarios do servizo, empadroados no Concello de Oleiros e de xeito lineal, para todas aquelas persoas que o soliciten.
Temos coñecemento de que as Anpas doutros centros do Concello de Oleiros están recollendo solicitudes e documentación, pero non temos información de que exista unha base legal para esto, non hai nada publicado oficialmente polo que os prazos que manexan teñen que ser orientativos e sen validez oficial á hora de proceder a ningún trámite.
A convocatoria desta subvención aínda non foi publicada, polo que non temos unhas bases sobre as que solicitar ningunha axuda, nin sobre as que vos poidamos informar das características concretas da nova situación.
En canto teñamos nova información faremos unha xuntanza informativa.
Moitas grazas. Un saúdo.
18 outubro 2023
OBRADOIRO PARA FAMILIAS. "A EDUCACIÓN QUE QUEREMOS: FOCO NOS/AS ADOLESCENTES"
Animámosvos a participar neste obradoiro a cargo de Carmen Vázquez de Prada Belasoaín, doutora en Psicoloxía da Educación.
Leva máis de 20 años aprendendo e traballando en diferentes organizacións no ámbito da xestión e desenvolvemento de persoas.
LUNS 23 DE OUTUBRO DE 2023 ÁS 20:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO IES MIRAFLORES
NON É PRECISA INSCRICIÓN
ACTIVIDADE ORGANIZADA E FINANCIADA POLA “ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ”
05 outubro 2023
26 setembro 2023
TÉCNICAS DE ESTUDO
20 setembro 2023
COMEZO CLASES DE XADREZ
Bo día
Neste curso poñemos en funcionamento CLASES DE XADREZ como actividade extraescolar os luns de 15.00 a 16.00. Foi a actividade maiormente elixida no cuestionario que vos pasamos coa alta na Asociación.
As clases empezarán o 2 DE OUTUBRO e terá un coste de 20 euros ao mes, subvencionando a Anpa a actividade nun 50% para os seus socios.
Se estás interesada aínda estás a tempo. Podes apuntarte no seguinte enlace:
11 setembro 2023
10 setembro 2023
BENVIDA A UN NOVO CURSO
Estimadas familias,
queremos dar, en primeiro lugar, a benvida ás que vos incorporades á comunidade do IES Miraflores.
Na páxina web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/) podedes atopar a información relativa ao próximo luns, primeiro día de clase:
O ALUMNADO DA ESO DEBE PRESENTARSE NO LUGAR INDICADO ONDE OS/AS TITORES/AS DO CURSO IRÁN CHAMANDO POR ORDE DE LISTA:
- 1º E 2º ESO NA PISTA POLIDEPORTIVA CUBERTA. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA DA PISTA POLIDEPORTIVA.
- 3º ESO NA PISTA POLIDEPORTIVA DESCUBERTA. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA DA PISTA POLIDEPORTIVA.
- 4º ESO NO XIMNASIO. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA PRINCIPAL.
O ALUMNADO DE BACHERELATO DEBE DIRIXIRSE Á PRIMEIRA PLANTA ONDE ATOPARÁ NUN TABOLEIRO OS LISTADOS DOS GRUPOS ASIGNADOS A CADA UN DELES. OS/AS TITORES/AS AGARDARÁN POLO ALUMNADO NAS AULAS. ACCEDERÁN TODOS/AS POLA PORTA PRINCIPAL.
Unha vez recibidas as inscricións, estudamos a posibilidade de ofertar actividades extraescolares os luns de 15:00 a 16:00, dado que 32 familias amosaron interese nelas. A única actividade que, de momento, parece ter un número de persoas interesadas suficiente para que de comezo é xadrez. A actividade ten un custo de 20 euros ao mes por mozo/a pero a ANPA subvencionará o 50% da actividade. Os/as interesados/as deben cubrir o seguinte formulario antes do 17 de setembro:
https://forms.gle/jiDJgvUbhVC6Xidr5
Seguimos abertos a ofrecer calquera outra actividade viable que conte con suficientes persoas interesadas, podedes enviarnos a vosas suxestións.
Gustaríanos aproveitar a ocasión para informarvos sobre as propostas nas que estamos a traballar dende a directiva da ANPA:
- Espectáculo Opera Breaks (espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj) para os/as estudantes da ESO
- Taller impartido por Almas Meraki sobre PREVENCIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS E CONFLICTOS EN ADOLESCENTES para todos os/as estudantes de 4º da ESO
- Charla para pais sobre Convivencia
- Taller de técnicas de estudo para todos os/as estudantes de 1º da ESO
- Viaxes culturais
En breve recibiredes a convocatoria para a Asemblea Xeral, esperamos vervos a todos e todas entón.
Saúdos,
ANPA Miraflores
27 xuño 2023
FAITE SOCIA DA ANPA!!!!!
Bo día familias.
Rematou o curso e xa estamos dende a Anpa pensando nas actividades do curso que ven. Dentro de pouco poderedes ler a MEMORIA 22-23 onde recolleremos todas as actividades levadas a cabo pola vosa asociación de nais e pais.
Animámosvos a que vos fagades socias as familias que non o fúchedes en cursos anteriores e tamén ás que xa formáchedes parte da Asociación outros cursos. Grazas á vosa colaboración é posible xestionar o comedor escolar, a festa de gradación para o alumnado que remata esta etapa, a Carreira da Luz, as actividades extraescolares, os obradoiros para estudantes en horario escolar e para familias, concursos, actividades culturais.... Moitas cousas que non serían posibles sen unha Anpa.
Que pasedes un bo verán. Desfrutade!!!
10 abril 2023
21 marzo 2023
VOLVE A CARREIRA DA LUZ!!!!!
Estimadas familias.
Este ano volve a Carreira da Luz na súa edición número V.
Como sabedes a Carreira da Luz é unha iniciativa do IES Miraflores a través da que se pretende levar a cabo unha actividade deportiva onde participe o maior número de xente posible, tanto na colaboración, voluntariado para a súa preparación como na propia carreira como deportista. É importante a participación xa que é unha carreira solidaria, neste caso a beneficio da Fundación Diego González Rivas, entidade con selo galego, que ten como obxecto a investigación médica e que leva o nome do cirurxián coruñés que, dende hai máis dunha década, opera en calquera parte do mundo a persoas sen recursos e con graves enfermidades torácicas.
Tedes toda a información na páxina web do Instituto.
Animádevos a participar!!!
CONVERSA CON FAMILIAS
31 xaneiro 2023
24 xaneiro 2023
TÉCNICAS DE ESTUDO
Como complemento ás sesións que a especialista BELÉN PÉREZ SANMARTÍN vai impartir en horario lectivo ao alumnado, propónsenos ás familias unha charla sobre TÉCNICAS DE ESTUDO de xeito que saibamos o que aprendeu o alumnado e poidamos botar unha man nesta parte da súa aprendizaxe.
Deixámosvos o cartaz informativo e non deixedes de acudir, resulta interesante e clarificador para resolver moitas das dúbidas e problemas que se lles presentan aos nosos fillos e fillas á hora de estudar na casa.
Un saúdo
COMEZO DE ACTIVIDADES
Bo día familias
En febreiro darán comezo as actividades de ORIENTACIÓN, XORNALISMO e SKATE, as máis demandadas na enquisa realizada polo alumnado.
As persoas interesadas en participar deben cubrir os seguintes formularios:
ORIENTACIÓN E XORNALISMO son actividades gratuitas e podedes inscribirvos a través deste enlace indicando o día de preferencia:
https://forms.gle/gcLbn3HxaqkgbaQ69
A actividade de SKATE terá un custo de 35 euros ó mes (inclúese o préstamo do material) e será necesarias 10 inscricións. As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario indicando o día de preferencia :
https://forms.gle/44QrP2KVSrTaoEG48
Animádevos e animade aos vosos fillos e fillas. É un bo xeito de facer algo diferente en compañía dos seus amigos e amigas no tempo libre que teñen despois de comer.
Un saúdo.
09 xaneiro 2023
FELIZ ANO NOVO
Bo día familias. Agardamos que tivérades unhas boas festas e que teñades un comezo de ano con moita ilusión.
O ano pasado rematamos antes das vacacións de Nadal co obradoiro de Almas Meraki para o alumnado de 4º da ESO, "Desconecta do machismo, reconecta contigo". Pensamos que foi unha boa experiencia e un espazo para a reflexión do alumnado.
Como sabedes fixemos un concurso de carteis para a publicidade desta actividade e o cartel gañador foi este que vos deixamos aquí.
Ademáis podedes ver algunhas das fotos do obradoiro con Sara Vierna.Un pracer reflexionar con ela durante algún tempo e poñer o valor en cousas tan importantes.
Grazas ao alumnado de cuarto pola participación.
Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Oleiros dentro da convocatoria de Subvencións para a Promoción e a Difusión da Cultura e o Deporte do ano 2022.