AVISO LEGAL

03 setembro 2020

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,
 
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros ven de convocar as prestacións de apoio á escolarización para o curso 2020-2021 
 
Este ano, as ditas prestacións de escolarización cambian de formato e pasan a ser tramitadas mediante axudas de emerxencia social, co fin de poder chegar a aquelas familias máis desfavorecidas, sendo unha das súas principais características, que se poden solicitar ao longo de todo o curso escolar.
 
Achegamos nota informativa do concello
 
NOTA INFORMATIVA   PREMER AQUÍ

Recibide un cordial saúdo

01 setembro 2020

AXUDAS COMEDOR CONCELLO DE OLEIROS

O pasado 24 de agosto publicouse no BOP da provincia de A Coruña a convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2020 – 2021.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos matriculados en ditos centros para o curso escolar 2020-2021.

Os interesados en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada (bases, convocatoria e formulario de inscrición) no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude da páxina web do Concello de Oleiros.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) dende o martes 25 de agosto ata o día 30 de setembro de 2020.


                                                BASES    PREMER AQUÍ

                                                FORMULARIO SOLICITUDE  PREMER AQUÍ