AVISO LEGAL

17 abril 2015

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVA-SEXUAL NO CONCELLO

Estimadas familias,
 
Seguindo co programa de Educación afectiva- sexual e tendo en conta que a implicación e formación das familias é importante, O CONCELLO organiza para os días 23, 24 e 25 de abril un obradoiro que baixo o título FAMILIAS QUE FALAN, HOXE FALAMOS DE... EDUCACIÓN AFECTIVA-SEXUAL,  preténdese traballar a comunicación nas relacións familiares, proporcionando ferramentas e coñecementos básicos sobre sexualidade.
 
O obradoiro terá lugar:
        No Centro Cultural A Fábrica
        De 19:00 – 21:00 o xoves 23  e venres 24 e
        De 10:00 a 14:00 o sábado 25.
 
A inscrición é de balde e se pode facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org ou ben no telefono 981 636 598.
 
Achegámosvos o cartel:
 
 
Un afectuos saúdo,
Xunta Directiva

06 abril 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS


 
Estimadas familias,

Presentámosvos a 2ª EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS sobre o meu instituto que organiza a ANPA Miguel Hernández en colaboración coa biblioteca do centro. Nesta edición o relato deberá comezar coa frase:

A dónde van a parar los calcetines perdidos?
                                        ou

A onde van parar os calcetíns perdidos?
 
Extensión  máxima: 100 palabras. En castelán ou en galego

O texto debe comezar coa frase que hai debaixo d
a fotografía: A onde van parar os calcetíns perdidos?


Un microrrelato por persoa.

Os microrrelatos serán anónimos asinados cun pseudónimo e a categoría á que se presenta.  Achegarase co microrrelato  un sobre pechado  onde figurará o pseudónimo , a categoria, o  nome, apelidos, curso (en caso do alumnado) e teléfono. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
Entregaranse ao profesorado de lingua  correspondente, en caso do alumnado, e en conserxaría o resto.

Hai tres categorías: ESO, BACH e resto da comunidade educativa, é dicir nais, pais, profesorado e resto do persoal do centro.

Premios:
H
ai dous premios por cada categoría.
1º posto: vale por 75 €
2º posto: vale por 50 €
A cambiar nas librarías aínda por determinar.

O Xurado estará formado por nais da ANPA e p
or
profesorado responsable da biblioteca.

Os resultados publicar
anse no blog da ANPA e nos taboleiros do centro
Aproveitamos a ocasión para informarvos de que nunha esquinita de conserxaría, ao abeiro da calefacción e a fotocopiadora, encontraredes un baúl de tapas vermellas repleto de todas aquelas cousas que os nosos fillos e fillas perden, esquecen, ou pensan que se desintegraron: mochilas, chaquetas, gorras, material escolar, luvas, lentes, e como non, "CALCETÍNS. "
Cada mes de xullo o contido do baúl dóase a algunha ONG, quedando así listo e preparado para o próximo curso...
Recordámosvos que é un concurso aberto a toda a comunidade educativa. Así que,

¡OS ESPERAMOS!                                                      ¡ÁNIMO!
Un saúdo afectuoso,
XUNTA DIRECTIVA