AVISO LEGAL

09 marzo 2016

Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR

Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor  que ofrece o Instituto  é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o  Grupo Hostelero Asueto S.L.,  encárgase  da xestión da cociña, a  elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado. 
A ANPA Miguel Hernández,  ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto  132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e  “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos  máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia. 
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas. 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.

Berta M. Pérez 
Xunta Directiva

ANPA Miguel Hernández