AVISO LEGAL

16 xaneiro 2024

TÉCNICAS DE ESTUDO: CHARLA PARA FAMILIAS

 

O vindeiro luns 22 de xaneiro ás 20.00h a pedagoga Belén Pérez Sanmartín no salón de actos do Instituto impartirá unha charla sobre técnicas de estudo. 

Non deixedes de asistir pois será unha xornada complementaria de todo o traballado neste tema nas aulas polo alumnado. Deste xeito poderemos prestar apoio e acompañamento máis eficaz ao estudo dos nosos fillos e fillas.