AVISO LEGAL

10 marzo 2016

3 ª edición CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO"







A 3ª edición do concurso MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO” que organiza a ANPA en colaboración coa biblioteca do centro e co motivo do día do libro, xa está en marcha.

Sabemos da importancia deste “mobiliario” na vosa vida escolar e por eso pensamos que pode dar xogo a textos de humor, amor, medo, intriga, fenómenos paranormais…


BASES:

  • Extensión máxima: 100 palabras.
  • Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
  • O texto debe comezar coa frase: “ Cuando abrí la puerta de la taquilla...” (en calquera dos idiomas mencionados anteriormente).
  • Só poderá presentarse un microrrelato por persoa.
  • Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4ª ESO, Bacharelato…).
  • Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
  • Entregaranse ao profesorado de lingua correspondente ou á responsable de biblioteca.
  • O Xurado estará formado por representantes da ANPA e por profesorado responsable da biblioteca.
  • Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.
  • Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (Vales para canxear nunha papelería a determinar)


1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
1º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
2º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
3º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
4º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
BACHARELATO
75 euros
50 euros
25 euros


DATA tope de entrega: 11 de ABRIL



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!

09 marzo 2016

Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR

Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor  que ofrece o Instituto  é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o  Grupo Hostelero Asueto S.L.,  encárgase  da xestión da cociña, a  elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado. 
A ANPA Miguel Hernández,  ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto  132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e  “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos  máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia. 
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas. 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.

Berta M. Pérez 
Xunta Directiva

ANPA Miguel Hernández