AVISO LEGAL

27 abril 2018

Gañador@s do concurso de MICRORRELATOS

O pasado luns 23 de abril as gañadoras e gañadores do V Concurso de microrrelatos recibiron os seus premios e agasallos na biblioteca do centro. Como xa sabedes, a ANPA organiza este concurso  facéndoo coincidir coa celebración do Día do libro. Pensamos que é unha boa práctica para que os nosos fillos e fillas gusten do pracer da lectura e da escritura, e se pode ser con premio... mellor!


   


Este ano contamos con 138 participantes que recibiron unha pequena libreta para poder seguir anotando as súas ideas, debuxos, etc . Agradecemos tamén desde aquí o apoio e colaboración tanto do equipo de biblioteca como do profesorado que animou ao seu alumnado a participar. Enviamos o listado de gañadores que poderán canxear os seus vales en dúas librerías da cidade. Parabéns!!

1ºESO 
1º Martín Domínguez Taboada 75€
2º Nicolás Lopez Modia 50€
3ºCarla Negreiro Soto 25€

2ºESO
1ºJavier Lourido Valverde 75€
2º Lucas Varela Sambade 50€
3º Mateo Folla Landeira 25€

3ºESO
1º María Valle Ares 75€
2º Celtia Río Santos 50€
3º Sergio Puertas Pérez 25€

4ºESO 
1º Fernando García Ortiz 75€
2º Delia Serrano Baptista de Sousa 50€
3º Tomás García Barreiro 25€

BACHILLERATO1º
1º Manuel Loureiro Muiños 75€
2º Laura López Chas 50€

Para ler algún dos textos teremos que esperar á maquetación da revista "Miraflores" desde o obradoiro de periodismo organizado pola ANPA e que, coma sempre, teremos nas nosas mans a final de curso. Seguro que nos sorprenden coa súa creatividade. 

Esperamos seguir disfrutando outros anos e, quen sabe, quizás algún deles comence aquí a súa carreira literaria.

Saúdos literarios

Xunta directiva 


02 abril 2018


Esperamos que sexa do voso interese!! 


"O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada “Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando?”

O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizaron e se están a impartir polos centros educativos, está enfocada aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade tan importante da vida como é a adolescencia, na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas creencias.

As redes sociais están a xogar un papel moi importante, posiblemente sexa un dos elementos de socilaización mais importantes para eles e elas hoxe en día, polo que as familias debemos coñecer de cerca que hai detrás, qué está pasando nas relacións que manteñen a través deses canais, cómo inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

Pensamos que esta charla aberta pode acercarnos a coñecer mais de cerca unha realidade da que non somos conscientes ou descoñecemos gran parte dela. Para iso imos contar coa presenza de dúas especialistas nesta materia, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e coaching educativo, que nos acercarán a realidade que están a vivir as nosas fillas e os nosos fillos nestes momentos nas redes.

Unha charla dirixida ás familias de nenos e nenas en idade da adolescencia pero tamén das etapas anteriores, debemos ter información para prevenir moitos dos problemas que poden chegar no futuro. Hoxe en día gran parte do alumnado dos cursos de primaria xa é usuario e usuaria de redes sociais e teñen teléfonos móbiles, polo que a información é a mellor forma de prevención."


Saúdos afectuosos

Xunta directiva