AVISO LEGAL

19 outubro 2014

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

Adxuntamos no seguinte enlace convocatoria oficial da Asamblea Xeral Ordinaria que celebraremos o próximo 5 de novembro ás 19 horas en primeira convocatoria e 19:30 en segunda convocatoria, no salón de actos do instituto.

CONVOCATORIA

                                                       !!Os esperamos¡¡

Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva

03 outubro 2014

CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

Ola familias,



O pasado día 26 de xuño de 2014 publicouse a Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2014-2015 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aquí tedes algunhas datas:




Duración do Curso: do 15 de setembro de 2014 ata o 19 de xuño de 2015 ambos os dous inclusives.


Vacacións:
- Nadal: desde o 22 de decembro de 2014 ata o 7 de xaneiro de 2015 ambos os dous inclusive.
- Entroido: días 16-17-18- de febreiro
- Día non lectivo. Festa da CCAA Galicia 20 de marzo
- Semana Santa: desde o día 30 de marzo  ao 6 de abril de 2015, ambos os dous inclusive

Día do ensino: o 31 de outubro de 2014

O centro solicitará como días non lectivos de libre elección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: o luns 3 de novembro de 2014 e o día 13 de febreiro de 2015 (venres previo ao entroido)

Os informaremos cando nos confirmen as datas¡¡¡

Saúdos
Xunta Directiva

Máis información premer aquí

02 outubro 2014

Ola familias,

Adxuntamos información recibida da Federación Provincial de ANPAS sobre os actos convocados para esta semana en defensa do ensino público.

 "A Federación Provincial de ANPAs, en sesión de xunta directiva celebrada onte, aproba participar da convocatoria realizada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público e convida as comunidades escolares da provincia, (familias, profesorado e alumnos), consecuentemente co noso compromiso de  denuncia de calquera intención de destruír un modelo educativo de calidade e convoca unha SEMANA DE DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do 6 ao 10 de outubro na que realizaremos diversas actividades como son os ABRAZOS SOLIDARIOS que se realizarán en diversos centros educativos como símbolo do apoio que a comunidade educativa temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino. Ademáis dos actos que organicedes a nivel do voso centro, haberá un acto central ao que os convidamos a participar solidariamente cos vosos fillos e fillas e o profesorado:

·         7 de Outubro - 18 horas  - CEIP Rosalía de Castro, Río Avía, s/n - 15007 A Coruña

Polo que desde a Federación unímonos ao chamamento á sociedade, nais, pais, docentes e alumnado para que participe nestas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, porque está en xogo a educación do noso país."
 
Un saúdo,
Xunta Directiva