AVISO LEGAL

24 outubro 2018

Axudas e obradoiro do Concello

A entrada de hoxe é para informarvos de dous temas de interese do Concello de Oleiros e dos que achegamos enlace:

  • As axudas para comedores escolares, que xa vos enviamos por mail a información. Aínda tedes uns días para solicitala. Toda a información : AQUÍ

  • O xoves abre o prazo de inscrición para un obradoiro dirixido ás familias dos adolescentes

    " Oleiros, 23 de outubro de 2018-. “Acompañando na adolescencia” ou como sobrevivir ao Big Bang emocional é o obradoiro que o Concello de Oleiros vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos. O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.
    Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión sobre o que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí preto, presentes, acompañando.
    O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da cultura de Perillo. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 horas do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 horas.
    As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas".

    Saúdos
    Xunta directiva



13 outubro 2018

ASEMBLEA XERAL

Estimadas familias,

En breve celebraremos a nosa Asemblea xeral ordinaria do curso 2018-19. Queremos lembrarvos algúns datos:

  • Día: mércores 24 de outubro de 2018
  • Primeira convocatoria ás 19,00h. Segunda convocatoria ás 19,30 horas
  • Lugar: salón de actos do IES Miraflores
  • Orde do día:
    • Lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior
    • Memoria de actividades curso 2017-2018
    • Aprobación de Cuentas Anuales curso 2017-2018.
    • Propuestas de actuaciones y actividades previstas para este curso 2018-2019. Aprobación

    • Presupuesto para 2018-2019 y aprobación de petición de subvenciones.
    • Ratificación/reelección cargos de la Junta Directiva y elección de nuevos miembros.
    • Ruegos y preguntas.
Na barra lateral dereita deste blog podedes atopar a Memoria de actividades do curso pasado e neste enlace descargar o arquivo co cupón de candidatura para pertencer á xunta directiva da ANPA ou ben a delegación de voto noutra nai ou pai que asista á asemblea.

Agardamos a vosa presencia e participación. Grazas!!


Xunta directiva