Estimadas familias,
Informámosvos que a volta ao cole do día 15 de setembro, se fará como todos os anos de xeito graduado. Pero este ano hai cambios nos horarios dos grupos. Así:
- 1º e 2º de Bacharelato terán a presentación o próximo 15/9 sobre as 11 da mañá.
Non haberá servizo de autobús para Bacharelato.
- 3º e 4º ESO terán a presentación sobre as 12 da mañá. Haberá servizo de autobús tanto á ida coma á volta (14:10).
- 1º e 2º ESO terán a presentación ás 16:20. Haberá servizo de autobús tanto á ida coma á volta (18:00).
O martes 15/9 non haberá servizo de comedor.
Rogamos consultedes a web do instituto para confirmar posibles cambios nos horarios.
Un saúdo afectuoso,
Xunta Directiva