AVISO LEGAL

18 setembro 2019

Estimadas familias,

As nais e pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández do I.E.S Miraflores queremos presentarnos e darvos a benvida a este novo curso 2019-20

Queremos aproveitar a ocasión para insistir na importancia do papel que representamos as familias como membros activos da comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar. Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.

Para desenvolver ben o noso labor cremos que é necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos nos enviedes as vosas inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo electrónico a apamiraflores@gmail.com ou a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.

Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva