Estimadas
familias,
En
relación ás prazas de transporte escolar autorizadas para o
alumnado de bacharelato (considerados, como sabedes, usuarios
excepcionais do transporte, ao non ser ensino obrigatorio), o día 28
de setembro procedeuse ao sorteo da letra- baremo para ordenar o seu
acceso ás prazas libres nestes momentos. O sorteo fíxose na sala da
ANPA en presenza, da Directora do centro, a Xefa de estudios, unha
representante da ANPA e dous alumnos de Bacharelato.
A letra-baremo para o comezo de adxudicación de
prazas neste curso é a “C”
Poderase
consultar a lista do alumnado admitido e en lista de espera na web do
instituto a partires do venres 30 de setembro.
Lembrade
que, segundo a normativa da consellería,
os “usuarios lexítimos do
transporte escolar que non fagan uso continuado do transporte
perderan dita condición de usuario lexítimo”
Agradeceriamos
que as familias que no seu día solicitaron servizo de bus, xa sexa
para ESO ou Bacharelato, e que non fagan
uso do mesmo renuncien
por escrito ao mesmo. Deste xeito,
poderemos dar servizo a todo aquel alumnado que o necesita e quedouse
fóra.
Mentres
o bacharelato considérese ensino non obrigatorio, todas as familias
ímonos a ver afectadas por este problema nalgún momento, polo que
facemos un chamamento ao sentido común e a solidariedade para este
curso e para os seguintes.
Un
afectuoso saúdo
Xunta
Directiva