AVISO LEGAL

30 marzo 2017

Estimadas familias,

Desde Servicios Sociais da Deputación de A Coruña convocan o VIII Concurso de viñetas para conmemorar o "Día das mulleres", baixo o título de "IgualMente".

Ten como obxectivo "empregar a viñeta para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria".


Teñen como prazo de admisión ata o 12 de abril de 2017. E importantes premios como ordenadores, tablets e coleccións de cómics para idades comprendidas entre 12 e 18 anos.

Tedes toda a información na seguinte LIGAZÓN


Saudos afectuosos,


Xunta directiva

26 marzo 2017

Estimadas familias,

Enlazámosvos a información que nos achegan desde a CONFAPA-GALICIA sobre unha xornada  especial organizada para o vindeiro sábado día 1 de abril titulada "Menores e o seu Mundo Dixital". 

Sabemos que este é un tema importante para as familias hoxe en día, polo que enviamos o programa e forma de inscribirse na seguinte LIGAZÓN.

Saúdos,

Xunta directiva

19 marzo 2017

CONCURSO de MICRORRELATOS






Presentamos a 4ª edición do Certame que organiza a ANPA, en colaboración coa biblioteca do centro, co motivo do Día do Libro.


BASES:


Extensión máxima: 100 palabras
Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
O texto debe comezar coa frase:

      • Sentía un estremecedor calafrío cada vez que entraba naquela aula. . .
      • I felt a hair-raising shiver every time I went into that classroom. . .
      • Sentía un estremecedor escalofrío cada vez que entraba en aquel aula. . .
      • Je ressentais un effroyable frisson chaque fois que j´entrais dans cette classe. . .

Só poderá presentarse un microrrelato por persoa. Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4º ESO, Bacharelato…). Terá que ser entregado na folla correspondente ao Certame que vos entregará o profesor de lingua correspondente.


Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.


Entregaranse ao profesorado de lingua ou á responsable de biblioteca.


O Xurado estará formado por representantes da ANPA e profesorado responsable da biblioteca.


Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.


Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (vales para canxear na librería “A Libreira “ do Temple, Cambre):

1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
1º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
2º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
3º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
4º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
BACHARELATO
75 euros
50 euros
25 euros


Ademáis realizarase un SORTEO entre TODOS os participantes de varios artículos deportivos firmados por recoñecidas e recoñecidos deportistas galegos (balón de rugby, guantes de boxeo, camisetas…)


DATA tope de entrega:  30 de marzo                                       Entrega de PREMIOS : 21 de abril



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


18 marzo 2017

Nova edición do Obradoiro para MELLORAR A COMUNICACIÓN NA FAMILIA

Estimadas familias,

Desde a concellería de Servicios Sociais do Concello de Oleiros achegáronnos onte unha nova convocatoria do obradoiro para mellorar a comunicación nas familias. Tedes a información para facer a inscrición no seguinte enlace:

 INSCRICIÓN OBRADOIRO COMUNICACIÓN FAMILIAS

Fixádevos que as prazas adxudícanse por orde de inscrición e que o prazo para presentalas comeza este luns, día 20 de marzo!!!

Saúdos

Xunta directiva

05 marzo 2017

Reparto axudas comedor curso 2015-16

Estimadas familias,

Como xa vos informamos por correo electrónico, en breve entregaremos os cheques co importe correspondente ás axudas de comedor que cada curso convoca a Xunta de Galicia e que a ANPA solicita e xestiona. A entrega realizarase en horario de comedor luns e martes.

Lembrade que son axudas concedidas a curso pasado. O importe de cada talón corresponde á parte proporcional consumida durante o curso 2015-16 e que foi ingresada con data 1 de febreiro. No caso de que máis dun membro familiar faga uso do comedor, o importe do talón corresponde á suma da axuda de cada un deles.

Para aquelas familias que durante o presente curso 2016-17 non sexan usuarias de comedor, poderán recoller o talón na sala da ANPA do instituto, o luns 20 ou o martes 21 de marzo, de 16:00 a 18:00 horas.

Como cada ano, o importe dos talóns non recollidos na data sinalada ou non cobrados, pasarán a formar parte do Fondo Solidario de Comedor.

Para calquera dúbida, por favor, contactade con nós no correo apamiraflores@gmail.com.


Saúdos afectuosos,

Xunta directiva