Dende o Concello remítennos a seguinte información para compartir con vos acerca das prestacións de apoio ao comedor escolar para o próximo curso 2025/2026.
Toda a información está recollida na seguinte ligazón:
Neste enlace atoparedes a Ordenanza reguladora así como a solicitude e o Anexo I de autorizacións de todas as persoas da unidade de convivencia.
O PRAZO para a presentación das solicitudes remata o LUNS 30 de XUÑO
Estas prestacións son:
- para persoas empadroadas no Concello de Oleiros
- para persoas matriculadas en colexios públicos do termo municipal de Oleiros e nos que o comedor escolar estea xestionado pola Anpa.
LEDE con atención todos OS REQUISITOS, ASINADE os CONSENTIMENTOS, TODAS AS PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario