AVISO LEGAL

05 agosto 2024

APERTURA DE PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A SOLICITUDE DE BECAS COMEDOR DO CONCELLO DE OLEIROS

 Bo día

Segundo a comunicación recibida da Concellaría de  Servizos Sociais de Oleiros ábrese un prazo extraordinario de solicitude de becas comedor con novos límites de renda para o acceso ás anteditas becas. 

As familias solicitantes no período ordinario NON é necesario que a volvan presentar. Dende o Concello farán a revisión automática da súa solicitude dacordo cos novos baremos. 

As familias que non tiveran feito solicitude no período ordinario poderán facelo agora entre o día 5 de agosto e ate o martes 13 de agosto. Polo tanto este prazo é SO para as familias que non a tiveran presentado en período ordinario.

Achegámosvos o enlace a web do Concello con toda a información. 


COMEDOR ESCOLAR 24/25 OLEIROS


Un saúdo e agardamos que esteades tendo un bo verán!!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario