Bo día
No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai ofrecer á ANPA a posibilidade de solicitar unha subvención destinada a diminuír o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite a través do/a seu/súa representante legal e que estea empadroado no Concello de Oleiros.
O día 7 de novembro de 2023 comunicouse á Anpa do Ies Miraflores as condicións e prazos da antedita solicitude, mediante unha “Providencia de incoación de procedemento”, da que vos achegamos copia.
As familias socias da Anpa que queiran solicitar a mencionada axuda e que estean efectivamente empadroadas no Concello de Oleiros, deberán presentar á ANPA antes do día 13 de novembro a solicitude debidamente cuberta que se achega.
A solicitude pode ser asinada dos seguintes xeitos:
- Manuscrita: Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI
do/da asinante, a efectos de comprobar a súa identidade.
- Mediante sinatura electrónica (non se precisará copia do DNI).
As solicitudes á ANPA deberán ser entregadas ANTES DO DÍA 13 DE NOVEMBRO mediante o seguinte formulario:
no que debedes achegar a solicitude asinada (manualmente ou electrónicamente) así como a copia do DNI e o(s) volante(s) de empadroamento (que pode ser obtido na Sede Electrónica municipal), no seu lugar é posible autorizar a consulta deste aspecto ao Padrón municipal, por parte do Concello.
En caso de non poder presentar a solicitude a través do formulario, poderedes presentar a solicitude presencialmente no seguinte horario exclusivamente:
➢ xoves 9 de novembro entre as 16,00 e as 19,00 da tarde
➢ venres 10 de novembro en horario de mañá entre as 8,30 e as 10,30h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario