AVISO LEGAL

08 novembro 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR... PARTICIPA!!

Estimadas Familias,

Neste curso 2018-2019 hai que renovar o Consello Escolar. Os Consellos Escolares son un instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión  e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.

A participación das familias no Consello Escolar realízase:

-       A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
-       A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.

VACANTES 2018-2019

Nesta ocasión as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir:

-       representante das familias: nai, pai ou titor/a legal.

E os nosos fillos e fillas terán que elixir :

-       representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.


As candidaturas a representante das familias presentaranse no propio instituto, coincidindo co horario escolar,  rematando o prazo de admisión o 14 de Novembro de 2018 ás 14:00 horas. O mesmo día 14 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos. Poderás atopar o formulario de inscrición en secretaría  e na web do instituto.

 celebración das eleccións  do sector pais, nais e titores do alumnado terá lugar o Martes,  27 de novembro de 16:00h a 20:00h no propio centro.

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación e implicación é a túa forza.


PRESENTA A TÚA CANDIDATURA

 E  ANIMA AOS TEUS FILLOS/AS A PRESENTAR A SÚA. 



Recibide un cordial saúdo,

Xunta Directiva 

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario