AVISO LEGAL

05 marzo 2017

Reparto axudas comedor curso 2015-16

Estimadas familias,

Como xa vos informamos por correo electrónico, en breve entregaremos os cheques co importe correspondente ás axudas de comedor que cada curso convoca a Xunta de Galicia e que a ANPA solicita e xestiona. A entrega realizarase en horario de comedor luns e martes.

Lembrade que son axudas concedidas a curso pasado. O importe de cada talón corresponde á parte proporcional consumida durante o curso 2015-16 e que foi ingresada con data 1 de febreiro. No caso de que máis dun membro familiar faga uso do comedor, o importe do talón corresponde á suma da axuda de cada un deles.

Para aquelas familias que durante o presente curso 2016-17 non sexan usuarias de comedor, poderán recoller o talón na sala da ANPA do instituto, o luns 20 ou o martes 21 de marzo, de 16:00 a 18:00 horas.

Como cada ano, o importe dos talóns non recollidos na data sinalada ou non cobrados, pasarán a formar parte do Fondo Solidario de Comedor.

Para calquera dúbida, por favor, contactade con nós no correo apamiraflores@gmail.com.


Saúdos afectuosos,

Xunta directiva


Ningún comentario:

Publicar un comentario