Neste curso 2016/17 hai que renovar o Consello Escolar.
Os Consellos Escolares son o instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión e a mellora do sistema educativo. Neles tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.
"A túa implicación e participación, agora máis que nunca é decisiva"
A participación das familias no Consello Escolar realízase:
- A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
- A través dos representantes das familias, vía eleccións.
- Unha vía indirecta a través do alumnado.
Vacantes do ano 2016-17:
Este ano no noso instituto as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir: 1 representante das familias- nai, pai ou titor/a legal.
E os nosos fillos e fillas terán que elixir: 2 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.
As candidaturas presentaranse no Centro Educativo, coincidindo co horario escolar. O prazo de admisión de candidaturas remata o 18 de Novembro de 2016 ás 12,30 horas.
Achégase o arquivo co modelo de candidatura e o comunicado do calendario electoral deseñado polo Centro.
O Día 25 de novembro: Celébrase a votación do alumnado, de 9’00 a 14´10 horas.
O Día 28 de novembro: Celebración das votacións de pais, nais e titores legais do alumnado, de 16’00 a 20’00 horas.
Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación é a túa forza.
Saúdos afectuosos,
Xunta directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario