"Bos días, adxuntamos Plan de mobilizacións de Xuño
- Carta a remitir como persona individual ao presidente do Goberno de
España que se transmíte a través do formulario( enlace) da web do Pazo da Moncloa. (premer aquí para Carta Modelo)
- Carta a remitir ao presidente da Xunta. Enviar ao enderezo de correo-e:
secretaria.presidente@xunta.es
(premer aquí para Carta Modelo)
- Recordatorio: manifestacións o vindeiro domingo día 16, dentro das
convocatorias da Confederacións Europea de Sindicatos, na que participaremos
como "Marea Verde". Esta mobilización dáse en todo o Estado.
Finalmente, quero reiterar que, como todos sabemos, a escola pública é
vital para garantir o dereito á educación de toda a cidadanía, polo que estamos
a chamar a quen aínda non estean nelo, a defendela ca mesma decisión e
implicación que vimos facendo.
Temos que dicilo porque xogámosnos moito: rexeitamos totalmente a
contrarreforma chamada LOMCE, os recortes no Ensino, a destrucción da Escola
Pública e, con todo elo, o Estado Social Basura que nos pretenden impor.
Moito ánimo. Temos a razón e a razón é innegociable.
Si tendes algunha dúbida poñervos en contacto.
Cordiais saúdos,
Lóis Uxío Taboada.
Secretaría de CONFAPA GALICIA."
Podedes consultar a WEB da Federación no apartado de Webs y Blogs
Ningún comentario:
Publicar un comentario