Estimadas
familias,
Tal e
como vos adiantabamos na circular enviada o pasado mes de maio, dende a ANPA
Miguel Hernández do I.E.S. Miraflores comezamos este ano un novo proxecto, o
"BANCO DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO" co que se pretende:
ü Dar un
segundo uso aos libros de texto que estean en condicións aceptables.
ü Rebaixar
a carga económica que sufrimos todas as familias ao iniciar o curso escolar
ü Concienciar
a toda a comunidade educativa do valor da reutilización, non só como medida
para coidar o medio, senón tamén como valor social.
ü Fomentar
no alumnado o coidado dos materiais escolares.
ü Todas
as familias, estean asociadas ou non, desexen beneficiarse do programa ou non.
ü Poderanse
doar todos os libros de texto e de lectura obrigatoria do curso pasado que
estean nas condicións nas que nos gustaría que estivesen os que imos recibir.
Quen pode solicitar libros?
Todas
as familias, estean asociadas ou non, de todos os cursos, incluído 1º ESO
Como se efectuará a repartición?
Para
recibir os libros do novo curso escolar darase certo grao de preferencia ás
familias que doaron libros, aínda que non podemos asegurar a reciprocidade na
mesma proporción, pois depende dos libros que teñamos do curso solicitado.
Aínda así non quixeramos formulalo como un simple troco (compra-venda sen
diñeiro) senón que cremos que como noutros aspectos da vida, é posible dar sen
esperar nada a cambio.
Como se entregan as solicitudes?
Dentro
do sobre de matrícula encontraredes información diversa da asociación e un
formulario- solicitude para o banco de libros coa relación de libros do curso
que deixades e a relación de libros do curso entrante. Teredes que marcar de
cada lista os que nos entregades e os que solicitades. Este
formulario-solicitude deberá ser entregado xunto cos libros nos días sinalados
para tal fin nesta carta informativa.
Cando se entregarán e recollerán os libros?
Haberá
dous momentos - Xuño e Setembro-, con dúas fases - de recepción e entrega-.
Xuño para os máis madrugadores e setembro para aqueles que deban ou desexen
utilizar os libros durante o verán. Estaremos presentes no salón de actos do instituto
o:
ü 27 de
Xuño de 10 a 13 e de 16 a 18 e 28 de Xuño de 10 a 13 para que nos entregues os
libros e a túa solicitude.
ü 2 e 3
de Xullo de 10 a 13 para entregarche os libros dispoñibles.
Y
ü 9 e 10
de Setembro de 10 a 13 para recibir os libros e que nos entregues a túa
solicitude.
ü 12 e
13 de Setembro de 10 a 13 para entregarche os libros dispoñibles.
Algo máis que saber?
ü Todos
os libros serán revisados por membros da asociación e familias que se ofreceron
a colaborar, tras o cal estes pasarán a ser propiedade do banco de préstamos da
ANPA.
ü Ao
retirar os libros solicitados teredes que asinar un escrito de compromiso de
entrega ao final do curso dos libros recibidos.
ü A
partir do inicio de curso, o banco seguirá aceptando doazóns e tamén seguiremos
entregando libros. Manterémosvos informados da dispoñibilidade de libros no
blog da asociación apamiraflores.blogspot.com.es/
Como
xa vos comentamos, é unha experiencia nova que esperamos fortalézase e afiance
no tempo. Como en todos os inicios non sabemos de antemán a cantidade de libros
que imos ter dispoñibles para o próximo curso. Non obstante, confiamos en que
se vaia consolidando o sistema de préstamo de libros e en poucos anos poidamos
asegurar unha circulación de libros beneficiosa para todos.
Ante
todo pedímosvos xenerosidade na doazón e confianza na xestión, tanto da Xunta
Directiva coma das familias que se ofreceron a colaborar. É nosa pretensión ser
o máis xustos e equitativos.
Tamén
queremos dar as grazas ao resto da comunidade educativa pola súa colaboración e
apoio neste proxecto, na confianza de que serán receptivos a nosa petición de manter os mesmos libros de
texto máis alá do que lles esixe a lei.
Para
calquera dúbida, xa sabedes que nos podedes encontrar en info@apamiraflores.es.
Esperámosvos,
XUNTA
DIRECTIVA DA ANPA
Ningún comentario:
Publicar un comentario