AVISO LEGAL

13 outubro 2018

ASEMBLEA XERAL

Estimadas familias,

En breve celebraremos a nosa Asemblea xeral ordinaria do curso 2018-19. Queremos lembrarvos algúns datos:

  • Día: mércores 24 de outubro de 2018
  • Primeira convocatoria ás 19,00h. Segunda convocatoria ás 19,30 horas
  • Lugar: salón de actos do IES Miraflores
  • Orde do día:
    • Lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior
    • Memoria de actividades curso 2017-2018
    • Aprobación de Cuentas Anuales curso 2017-2018.
    • Propuestas de actuaciones y actividades previstas para este curso 2018-2019. Aprobación

    • Presupuesto para 2018-2019 y aprobación de petición de subvenciones.
    • Ratificación/reelección cargos de la Junta Directiva y elección de nuevos miembros.
    • Ruegos y preguntas.
Na barra lateral dereita deste blog podedes atopar a Memoria de actividades do curso pasado e neste enlace descargar o arquivo co cupón de candidatura para pertencer á xunta directiva da ANPA ou ben a delegación de voto noutra nai ou pai que asista á asemblea.

Agardamos a vosa presencia e participación. Grazas!!


Xunta directiva






21 setembro 2018

BENVIDA!!

Estimadas familias,

Queremos darvos a benvida a este novo curso 2018-19 que acabamos de estrear. Algunhas xa veteranas no centro e outras inaugurando esta nova etapa da secundaria, pero todas, sen dúbida, con ganas de ver medrar ás súas fillas e fillos...en tódolos sentidos.

Como familias, somos unha parte moi importante da comunidade educativa do IES Miraflores, e como ANPA, podemos canalizar as nosas suxestións e achegas ao proxecto educativo do centro a través do equipo directivo así como participando no consello escolar. Por iso é importante a vosa inscrición na asociación, a vosa asistencia e participación na Asemblea ordinaria de principio de curso (que en breve informaremos de data e hora), así como realizar calquera consulta ou suxestións ao longo do curso ao noso enderezo electrónico: apamiraflores@gmail.com.


E queremos aproveitar esta primeira entrada no blog e ser canle de información duns obradoiros de “Disciplina Positiva” que van organizarse dende Servizos Sociais do  Concello de Oleiros nestes meses. Tiveron moi boa acollida en edicións pasadas. Deixamos a información que nos chegou onde poderedes ler un breve resumo así como lugar e forma de inscrición. Esperamos sexan do voso interese:

"As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 h do luns 24 de setembro e ata o xoves 27 de setembro ás 23:00 h.
As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 20 persoas.
Cada un dos obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha. Serán en horario de tarde, ao longo do mes de outubro e desenvolveranse na Casa de Cultura de Perillo os seguintes días:
-        Obradoiro 1 (familias con menores de 0-6 anos de idade): luns e mércores, 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro.
-        Obradoiro 2 (familias con menores de 7-12 anos de idade): martes e xoves, 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de outubro.
Estes obradoiros están baseados nos principios da Disciplina Positiva, que desterran os métodos de condicionamento da conduta (castigos e premios) e dan as claves  para ensinar ás nenas e aos nenos a desenvolver as súas propias habilidades en base ás súas decisións, guiadas/os sempre pola supervisión da persoa adulta. Trátase de que pensen por si mesmos e axudalos a ir construíndo o seu propio criterio, favorecendo a convivencia e creando un clima agradable e de confianza na familia.
A metodoloxía proposta para estes obradoiros é vivencial, participativa e divertida, con dinámicas nas que aprender sexa algo divertido e constructivo, e nos que, sesión tras sesión, as familias poidan recoñecer os avances acadados coa aplicación dos coñecementos adquiridos.
Estes obradoiros queren contribuir e apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos e fillas, contribuindo a un correcto desenvolvemento emocional, dotándoas de ferramentas e habilidades para esa importante tarefa."


Saudos agarimosos,

Xunta directiva

15 maio 2018

Reclamación das CUALIFICACIÓNS de 2º de bacharelato


Estimadas familias,

Sabemos que, para os que tedes fillas e fillos en segundo de bacharelato, este mes é bastante intenso e complicado. Queremos transmitirvos moito ánimo neste último esforzo.

Achegámosvos o enlace da circular coa información sobre cómo reclamar as cualificacións das notas finais de segundo de bacharelato, si así o considerades oportuno. Lembrade que é un breve periodo de tempo xa que pronto teñen a selectividade. 

Presentaranse por escrito, no centro e dirixidas á dirección. As datas son:

  • 23 e 24 de maio de 2018 (ata as 14 horas)
  •  5 e 6 de setembro de 2018 (ata as 14 horas)


Lede con atención a circular completa donde está moi ben explicado todo o proceso:




Saúdos agarimosos
Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández


27 abril 2018

Gañador@s do concurso de MICRORRELATOS

O pasado luns 23 de abril as gañadoras e gañadores do V Concurso de microrrelatos recibiron os seus premios e agasallos na biblioteca do centro. Como xa sabedes, a ANPA organiza este concurso  facéndoo coincidir coa celebración do Día do libro. Pensamos que é unha boa práctica para que os nosos fillos e fillas gusten do pracer da lectura e da escritura, e se pode ser con premio... mellor!


   


Este ano contamos con 138 participantes que recibiron unha pequena libreta para poder seguir anotando as súas ideas, debuxos, etc . Agradecemos tamén desde aquí o apoio e colaboración tanto do equipo de biblioteca como do profesorado que animou ao seu alumnado a participar. Enviamos o listado de gañadores que poderán canxear os seus vales en dúas librerías da cidade. Parabéns!!

1ºESO 
1º Martín Domínguez Taboada 75€
2º Nicolás Lopez Modia 50€
3ºCarla Negreiro Soto 25€

2ºESO
1ºJavier Lourido Valverde 75€
2º Lucas Varela Sambade 50€
3º Mateo Folla Landeira 25€

3ºESO
1º María Valle Ares 75€
2º Celtia Río Santos 50€
3º Sergio Puertas Pérez 25€

4ºESO 
1º Fernando García Ortiz 75€
2º Delia Serrano Baptista de Sousa 50€
3º Tomás García Barreiro 25€

BACHILLERATO1º
1º Manuel Loureiro Muiños 75€
2º Laura López Chas 50€

Para ler algún dos textos teremos que esperar á maquetación da revista "Miraflores" desde o obradoiro de periodismo organizado pola ANPA e que, coma sempre, teremos nas nosas mans a final de curso. Seguro que nos sorprenden coa súa creatividade. 

Esperamos seguir disfrutando outros anos e, quen sabe, quizás algún deles comence aquí a súa carreira literaria.

Saúdos literarios

Xunta directiva 


02 abril 2018


Esperamos que sexa do voso interese!! 


"O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada “Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando?”

O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizaron e se están a impartir polos centros educativos, está enfocada aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade tan importante da vida como é a adolescencia, na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas creencias.

As redes sociais están a xogar un papel moi importante, posiblemente sexa un dos elementos de socilaización mais importantes para eles e elas hoxe en día, polo que as familias debemos coñecer de cerca que hai detrás, qué está pasando nas relacións que manteñen a través deses canais, cómo inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

Pensamos que esta charla aberta pode acercarnos a coñecer mais de cerca unha realidade da que non somos conscientes ou descoñecemos gran parte dela. Para iso imos contar coa presenza de dúas especialistas nesta materia, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e coaching educativo, que nos acercarán a realidade que están a vivir as nosas fillas e os nosos fillos nestes momentos nas redes.

Unha charla dirixida ás familias de nenos e nenas en idade da adolescencia pero tamén das etapas anteriores, debemos ter información para prevenir moitos dos problemas que poden chegar no futuro. Hoxe en día gran parte do alumnado dos cursos de primaria xa é usuario e usuaria de redes sociais e teñen teléfonos móbiles, polo que a información é a mellor forma de prevención."


Saúdos afectuosos

Xunta directiva




12 marzo 2018

Club de lectura de maiores do IES Miraflores

Desde o Club de lectura de adultos do IES Miraflores pídennos difundir a seguinte actividade:


Resultado de imagen de xurxo souto e contos do mar de irlanda


Animádevos a acudir o día 5 de abril porque paga a pena!!!


Saúdos lectores,

Xunta directiva 

03 marzo 2018

OBRADOIRO de TÉCNICAS DE ESTUDO

Estimadas familias,

Como xa sabedes, cada ano a ANPA organiza e/ou financia diferentes actividades para as nosas fillas e fillos no instituto: obras de teatro, obradoiros, sesións culturais, etc.

Este ano, coordinados co departamento de orientación, decidimos organizar e financiar un obradoiro de técnicas de estudo para levar a cabo en sesións de titoría. Impártese en 1º e 3º de ESO, en catro sesións de 50 minutos con cada grupo. Xa remataron en 1º de ESO e estanse levando a cabo en 3º de ESO. Está impartido por Mª Belén Pérez, licenciada en Pedagoxía e con varios diplomas sobre Avaliación e Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.

Estes son os contidos que nos presentaron no proxecto inicial e que están a desenvolver na aula:

"O proxecto de Técnicas de Estudio que se achega abrangue as ferramentas que constitúen os instrumentos básicos para o desenvolvemento das alumnas e dos alumnos no seu proxecto de estudio. Abrangue todo o que supón un entrenamento sistemático de aspectos necesarios para procesar a información: 
a) Conceptuais: condicionantes físicos e psíquicos do estudio e o coñecemento de ferramentas de estudio (Subliñado, esquema, resumen e mapa conceptual). 
b) Procedementais: organización e planificación das tarefas, con horarios de estudio coherentes, racionais e eficaces; a comprensión e eficacia lectora, etc. 
c) Actitudinais: motivación cara o estudio para dotar de significación e funcionalidade ao proceso de ensino e aprendizaxe.  
A suliñar: Todo este proxecto lévase a cabo de xeito atractivo para os rapaces pois a súa posta en escea realízase con actividades lúdicas e interactivas onde ademais se traballa co alumnado competencias propias da intelixencia emocional, pois as habilidades emocionais teñen unha gran influenza na motivación académica e nas estratexias cognitivas"

Queremos compartir tamén as suxestións plantexadas para as familias. Esperamos que faciliten o desenvolvemento na casa do plan de estudo traballado nas aulas:


2.1- Planificación dun horario semanal e outro diario coa finalidade de organizar tanto os deberes como o estudio, programando diariamente e que se fagan responsables do seu propio traballo. 
2.2.-Planificación igualmente dos traballos a realizar, das lecturas obrigadas dos libros e da preparación dos exames. 
2.2.- Conseguir que logren un espazo adecuado para o seu estudio diario na súa casa coas características e as ferramentas necesarias para que o estudio sexa de proveito. 

E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviade un correo a: apamiraflores@gmail.com

Saúdos afectuosos,

Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández